Dentro do PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E A MELLORA DE SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS E NOS SEUS CONTORNOS, contamos no centro coa presenza dun membro da Garda civil experto nos riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais.
Os temas abordados nesta sesión
foron moi interesantes, actuais e axeitados ás inquedanzas do noso alumnado;
algúns deles foron:
- CIBERBULLYNG: acoso
escolar a través das redes sociais agravados con aspectos racistas ou
xenófobos.
- SEXTING e SEXTORSIÓN:
os perigos da difusión de contidos de carácter sexual; tanto propios (imaxes,
vídeos...) como alleos.
-VIOLENCIA DE XÉNERO:
en canto ao acoso e control que un membro de parella pode exercer sobre as
actividades na rede ou o móbil do outro membro.
- GROOMING: cando un
adulto se fai pasar por menor mediante un falso perfil para establecer
relacións con un menor.
- XOGOS EN REDE:
xogos para adultos moi violentos ou de contidos sexuais extendidos entre
adolescentes e preadolescentes.
- CONTRASINAIS: métodos
para a construción de contrasinais seguros, dobres contrasinais... para evitar
os roubos de datos nas contas de internet así como para evitar que algún pirata
informático poida acceder ao noso historial de busca, ás fotos, a cámara do
portátil, tablet ou móbil...
Unha charla moi produtiva
que esperamos que o noso alumnado teña en conta cando vaia a facer uso de
internet e das redes sociais
No hay comentarios:
Publicar un comentario