jueves, 1 de junio de 2017

VIDEOCONFERENCIA BiblioBN

     Hoxe o alumnado do colexio mantivo unha videoconferencia co alumnado da Escola de Educación Infantil Barrionovo (Arteixo).

    Nesta videoconferencia comunicámonos coa BiblioBN para compartir experiencias escornabóticas e propostas didácticas.

   Representantes do noso alumnado contáronlles a proposta de Infantil B e o xogo que elaboraron para o seu proxecto das abellas, os xogos de expresión oral e escrita, os taboleiros para traballar fonemas en AL, o xogo das familias de instrumentos que inclúe o uso do spinner e o taboleiro para reforzar o significado dos números da CDU.

   Eles faláronnos da ocupación escornabótica ás familias a través das mochilas viaxeiras, de música, da súa caixa de repostos e ensináronnos cómo funciona o seu Escribabot, unha actividade que seguro que en breve copiaremos porque aos nosos alumnos lles encantou.
   
     Ademais enviáronnos en 3D as letras do noso concello, nunha imaxe que si escaneades desde Aurasma e conectades coa canle bibliobn, ten sorpresa!

    Se seguides o enlace, poderedes acceder a esta experiencia desde o blog da BiblioBN para saber como nos viron eles ao outro lado da pantalla.


MOITAS  GRAZAS  POR  COMPARTIR
CON  NÓS  ESTA  EXPERIENCIA!!

miércoles, 31 de mayo de 2017

IMOS DE VIAXE

Este é un proxecto do alumnado de 4º e 6º de Primaria. 
Nesta actividade feita en pequenos grupos tiñan que escoller un destino e recoller toda a información necesaria para ir de vacacións: como chegar, onde aloxarse, lugares e horarios de interese turístico, gastronomía, tradicións, festas... e presentarllo aos seus compañeiros cun presuposto para a realización da viaxe.
A primeira proposta é de Mara, Herbert e Aitana que nos propoñen unha viaxe a Londres.

DESPEDIDA ZOË

    Hoxe despedimos a Zoë, a auxiliar de conversa en inglés que nos acompañou desde outubro apoiando á teacher do centro.

    Para que leve un recordo do centro, cada alumno fixo un debuxo e un pequeno texto en inglés. Con estas aportacións, fixemos un fermoso libro cheo de moito cariño.

     Neste recordo, non podía faltar a biblioteca do colexio e a nosa mascota Lectuvín.

    Moitas grazas por todas as túas ensinanzas e boa sorte!
Thank you very much for teaching us so many things and good luck!!  

martes, 30 de mayo de 2017

MOVE FICHA POLA RIBEIRA SACRA - Excursión

    Os nosos alumnos de 5º e 6º de Primaria, participaron nas escursións organizadas polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra dentro da campaña "Move ficha pola Ribeira Sacra".
   Os colexios pertencentes ao Río Miño, visitaron o Sil; e os do Sil, visitaron a zona do Miño. Por isto, o noso colexio, compartindo excursión co CEIP A Pobra de Brollón visitaron Santa María de Pesqueiras, o pobo de Belesar, o Dolmen de Abuime, o Concello de O Saviñao e a súa biblioteca.


El Progreso, 31/5/2017

No seguinte enlace, podedes acceder á reportaxe que Televinte fixo desta excursión:

http://playtele.teleame.com/escolares-de-sober-e-brollon-moveron-ficha-pola-ribeira-sacra-do-mino/

 VER TODAS  AS  IMAXES  DESTA  INICIATIVA

lunes, 29 de mayo de 2017

XORNADA ESCORNABÓTICA entre bibliotecas Lemos Le

    O Colectivo Lemos Le, organizou unha xornada escornabótica entre bibliotecas escolares da Comarca de Lemos.
    Desde o nosa biblioteca, aportamos as propostas didácticas elaboradas dentro do proxecto piloto da biblioteca para animar aos demais centros a facer escornabóticas as súas bibliotecas.

Unha sesión moi interesante!!

SCRATCH CON ROCÍO E ELÍAS - 5º e 6º de Primaria

Na sesión de hoxe, Rocío e Elías ensinaron ao alumnado de 5º e 6º a facer o seu propio videoxogo.

   O primeiro foi crear o escenario: un fondo mariño cun caranguexo que se ten que mover de esquerda a dereita.

   Despois, engadimos un peixe que baixa desde a superficie e que o noso caranguexo ten que coller.

   Para rematar, clonamos o peixe e facemos que baixen desde diferentes puntos, para que o noso protagonista teña que ir dun lado a outro recolléndoos.
Un vídeoxogo con scratch moi divertido e ademais...
creado por eles mesmos!!

viernes, 26 de mayo de 2017

FAMILIAS DE INSTRUMENTOS MUSICAIS

   Esta é unha proposta didáctica para traballar as familias de instrumentos musicais combinando o spinner e os escornabots.

   Para comezar pegámoslle a cada parte do spinner un cartel co nome das familias de instrumentos que imos a trabllar: vento, corda e percusión e elaboramos un taboleiro con instrumentos musicais pertencentes a esas familias.
  Como nos explican neste vídeo, un alumno colle o spinner e faino xirar. Mentres xira, cólleo por un dos extremos para paralo e saber que familia lle tocou.
   Despois ten que facer xirar o spinner sobre a mesa, e antes de que se pare, conseguir levar o escornabot a un instrumento da familia correspondente.


Unha nova forma de traballar as familias  de instrumentos!!