martes, 22 de mayo de 2018

HIXIENE E SAÚDE BUCODENTAL

    A hixiene e a saúde bucodental é algo imprescindible para o noso alumnado; por iso, nos pareceu unha boa idea a que nos propuxo a madriña de Lucía: vir a falarlles aos nenos sobre o seu traballo na Clínica Dental Marga e a importancia do cepillado para conciencialos sobre este tema.
  Co alumnado de infantil, Sonia Díaz e Marga González fixeron fincapé na importancia do cepillado e déronlles técnicas apropiadas a súa idade que seguro que xa non se lles olvidan pero, por se algún se despista, poden escoitar de novo a canción que lles ensinaron.
   Ao alumnado de primaria déronlle unha expliación máis completa e despois foron enxuaguando a boca cun enxuague que tingue de azul as partes onde hai suciedade para que visen se a súa dentadura estaba limpa ou non. A continuación lavaron os dentes poñendo en práctica o aprendido con especial coidado nas zonas máis azuis. 
   Para rematar a actividade, Marga e Sonia repartíronlles uns agasallos e fixeron un sorteo duns lotes de produtos de hixiene dental.
  Tamén entregamos uns chaveiros con forma de moa impresos na 3D (deseño de VitaliyT descargado de thingiverse) así cada vez que os nosos alumnos/as os vexan recordarán o que falamos hoxe.

  Antes de marchar, as nosas invitadas pasaron por Radiuvín para deixar constancia de todos os consellos que nos deron e falarnos da súa experiencia.
MOITAS  GRAZAS  POLA  VOSA  COLABORACIÓN!!


EXCURSIÓN A FERROL

   Os alumnos/as de Infantil e Primaria, fomos de excursión a Ferrol onde visitamos o Cuartel Nosa Señora das Dores. Neste cuartel encóntrase o Cuerpo de Infantería da Marina doTercio Norte (TERNOR) que permanece en funcionamiento desde 1771. 


   Alí asistimos a un concerto didáctico da Banda Miliar e a unha demostración con cans detectores de drogas da Unidade Cinolóxica. Tamén tivemos acceso ao armamento, diverso material militar,  ás tendas de campaña para misións e aos vehículos.
 
   Para agradecer a hospitalidade coa que nos recibiron, entregamos a Carlos Prez-Urruti, Coronel do Tercio Norte, unha peza de alfarería do Centro Oleiro Rectoral de Gundivós feita por Elías González, papá dos nosos alumnos Germán e Martín.

    Esta peza tiña unha peculiaridade que non ten ningunha outra: ía sobre una peana deseñada no colexio e impresa na nosa biblioteca coa impresora 3D, combinando así tradición e modernidade  e alcanzando un novo nivel de colaboración entre familia e biblioteca.
 

  Ademáis no Cuartel, tamén nos agasallaron cuns libros sobre seguridade vial para a nosa biblioteca.

   Para coñecer máis sobre o resto da excursión: visita á Fragata Méndez Núñez, ao Arsenal e a Aquaciencia; podedes acceder á publicación da páxina web: Excursión a Ferrol.

miércoles, 16 de mayo de 2018

XORNADA DE CONVIVENCIA CEIP SANTO ESTEVO DE PARGA

    O alumnado do CEIP Plurilingüe Santo Estevo de Parga estivo o día 16 de maio de excursión no noso concello, coñecendo a nosa contorna.

   Unha das paradas fixéronna no colexio para levar a cabo unha pequena convivencia entre centros e, por suposto, bibliotecas do PLAMBE.

   De recordo desta visita, tiñamos preparados uns puntos de lectura conmemorativos.
   Para coñecer máis sobre a súa biblioteca, podedes visitar O fogar do Papalibros:
http://ofogardopapalibros.blogspot.com.es/

CONCERTO LETRAS E MÚSICA

   A Escola de Música de Sober organiza cada ano un concerto para conmemorar o Día das Letras Galegas. 
     Neste concerto a parte musical vai a cargo da Escola de Música, o Coro Berea, o Coro Infantil e o alumnado de Música e movemento.
 
   A parte relacionada coas letras, organízaa a Biblioteca Pública Municipal co noso alumnado que participou recitando textos de María Victoria Moreno entre cada actuación musical.
 
 MOITAS  GRAZAS  Á  ESCOLA  DE  MÚSICA  E  A BIBLIOTECA  PÚBLICA  MUNICIPAL  POR  CONTAR  CO  NOSO  ALUMNADO!!

martes, 15 de mayo de 2018

I ESCALEIRA LITERARIA

     O sabado día 12 de maio, celebrouse no Centro Sociocultural de Sober a I Escaleira Literaria, un acto poético musical dedicado a María Victoria Moreno, autora homenaxeada este ano polo Día das Letras Galegas.
    O acto comezou coa lectura e relatos de poemas con acompañamento instrumental. Participaron Carlos Rafael, Leticia Sáez, Moncha Prieto, Paco Ledo, Rosa García, Ramón Sandoval, Sara González, Xosé Lois García e a nosa directora Montse Rodríguez.

   Tamén participaron o grupo musical O Trícole, a Escola Municipal de Teatro e Sara González que interpretou un poema con danza. Rematou o acto o alcalde Luis F. Guitián.

   Para falarnos deste acto, tivemos nos estudios de Radiuvín a Moncha Prieto, Eva Ferreira e Neus Canadell.

  
   Moitas grazas por concedernos esta entrevista!!

lunes, 14 de mayo de 2018

RADIO NA BIBLIO: CORTINAS

    Como montamos o estudio de radio nunha zona do corredor onde non había aula, as ventás tampouco tiñan persianas. Esto facía que polas mañás fora difícil traballar alí xa que o sol entraba de pleno e reflexaba demasiado.
  
   Por iso, unha das nosas familias coseu para nós unhas cortinas que xa penduran das paredes do noso estudio e fan que sexa máis doado traballar alí.

MOITAS  GRAZAS!!!

viernes, 11 de mayo de 2018

ENTREVISTA A GEMMA PIÑEIRO

    Hoxe tivemos no colexio a visita dunha futura mestra, Gemma Piñeiro, que quixo achegarse ata aquí para coñecer máis de cerca o noso centro e a nosa forma de ensinar.

    En Radiuvín, non queriamos deixar pasar a oportunidade de indagar na opinión que se levaba do colexio.