jueves, 9 de junio de 2022

PREMIO VOLUNTARIADO DE LECTURA A

     Este ano tivemos un gran equipo de biblioaxudantes!! 

     O alumnado de 4º, 5º e 6º  fixo tan bo traballo que fomos un dos 10 centros seleccionados no programa de Voluntariado A para recibir un obradoiro como premio!

     Os talleres que fixemos estiveron a cargo de Mark Ritchie (fotógrafo australiano que reside actualmente en Ourense) e consistiron na elaboración de imaxes mediante a técnica do collage con materiais variados: diferentes tipos de papel, transparencias, algodón, cartón, lá, fíos... 


    O alumnado intentou construir imaxes asociadas ás bibliotecas, aos libros ou ás palabras facendo maquetas de libros, xogando coas formas e creando paisaxes reais ou irreais.




    Cando os collages estiveron elaborados fotografiáronse nunha caixa de luz cunha cámara réflex para que quede a imaxe como testemuña.


   Para ver máis fotos do obradoiro e o resultado do seu trabalo nos collages tan artísticos fixeron, clickade no enlace:

GALERÍA  DE  IMAXES


miércoles, 8 de junio de 2022

CERTAME DEBUXO E NARRACIÓN LETRAS GALEGAS - BPM

    Luís Fernández Guitián, o alcalde do noso Concello, entregou hoxe os premios do Certame de Debuxo e narración das Letras Galegas 2022 convocado pola Biblioteca Nodal de Lugo a través das Bibliotecas Pública Municipais co lema O mundo que me rodea. Neste certame participa todo o alumnado de Primaria a través da materia de Plástica.

    Agora os traballos foron enviados a Lugo para participar na fase provincial.

NORABOA  AOS  GAÑADORES/AS!!

 
 
 


domingo, 5 de junio de 2022

XEOMETRÍA CON RECURSOS DA BIBLIOTECA

   Os materiais e recursos da biblioteca están a disposición de todas as materias e contidos curriculares; por iso, no tema de xeometría, o alumnado de 6º utilizou os bloques imantados de construción para estudar o desenvolvemento destas figuras xeométricas e facer prismas pirámides...





jueves, 2 de junio de 2022

CLUB DE LECTURA: Aventuras y desventuras de los alimentos que cambiaron el mundo

    O novo libro que estamos lendo para rematar o curso é  Aventuras y desventuras de los alimentos que cambiaron el mundo, escrito por Teresa Benéitez e editado por A fin de cuentas; un libro informativo que fala de alimentos moi coñecidos que forman parte da dieta de todos nós pero que, aínda que pareza mentira, non sempre se cultivaron en todo o mundo: trigo, arroz, pementos, café , tomate...

        A cada alimento dedícanselle catro páxinas nas que aprenderemos sobre a súa orixe, zonas de cultivo, perigos que lles afectan, receitas, citas de autores, datos científicos... e o que nós fixemos para esta sesión foi repartir en parellas os alimentos que forman a primeira parte do libro: alimentos levados a América; para que cada grupo fixese unha pequena exposición ao resto de membros do club e así aprender sobre todos estes ingredientes.


 
 
     Da man deste alumnado, aprendemos moitas cousas sobre o trigo, o olivo, o arroz, a vide, o café, a caña de azucre, o plátano e a pementa; e case todos con algo en común: o seu principal risco é o cambio climático, o quecemento global, as plagas derivadas destes... se cadra, deberiamos reflexionar sobre isto!






   Despois de falar tanto dos alimentos, fixemos unha visita á Fundación Belarmino Fernández Iglesias, a Escola de Hostalería e Turismo de Sober. Alí recibiunos David Cidre, mestre de cociña, que nos eninou a facer galletas de cacahuetes. 
 
      Despois de lavar ben as mans e poñerse os mandís, lemos a receita para saber que ingredientes necesitabamos repasando o que xa sabiamos sobre eles e aprendendo sobre os que non sabiamos como a vainilla.

 



    A continuación comezamos co proceso: acadar textura de pomada para manteiga e mesturala co azucre.


    Incorporar a manteiga de cacahuete, os ovos, a vanilla e bater.


Engadir a fariña e o bicarbonato tamizados e mesturar.



Mentres deixamos repousar a masa, aproveitamos para facer unhas fotos de grupo.

Coa masa repousada e refrigerada, facemos bólas, máis ou menos do mesno tamaño, que colocamos en bandexas para meter ao forno a 180º, 10 ou 15 minutiños.


Pero a aprendizaxe de hoxe non quedou aí; así que mentres esperabamos que as galletas estivesen listas, Lara Álvarez, mestra de sala, e algúns alumnos ensináronnos a preparar un cóctel sen alcol e un riquísimo batido de chocolate.
 
Para o cóctel comezamos escrachando o vaso con Granadina e azucre


Despois servimos máis granadina e zume ao gusto; pero sempre botando por riba do xeo para que non se mesturen os dous líquidos.

Para rematar, adornamos con cítricos.






Para o batido de chocolate, mestúrase leite e xeado de chocolate ao gusto de cada quen. Sérvese sobre uns vasos con sirope de chocolate no fondo.


Namentres nós faciamos as bebidas, as galletas xa saíran do forno e estaban listas.
Só nos faltaba comer...
Probas superadas!!


   Antes de marchar, quixemos deixarlle aos mestres e xs alumnxs que nos acompañaron un agasallo por ternos dedicado este ratiño do seu tempo. Entregámoslles un exemplar do libro que nos levou ata aquí e un recordo da nosa biblioteca con Lectuvín como protagonista.



  Ao rematar o obradoiro de cociña, volvemos para o cole onde comemos todos xuntos no pavillón e tivemos un ratiño de xogos.


MOITAS  GRAZAS  A  TODOS  OS  MESTRES  E  MESTRAS  DA  ESCOLA  DE  HOSTALERÍA  E  O  ALUMNADO  QUE  NOS  ACOMPAÑOU!!!