lunes, 5 de diciembre de 2022

REFRÁNS DE OUTONO

    Unha parte importante da nosa identidade e da nosa cultura está formada polos refráns, as expresións e os ditos que recollen a sabedoría popular.

    Este ano quixemos recoller co alumnado refráns de outono para recoller parte desa sabedoría; pero que é un refrán? Os refráns son frases de orixe popular e anónima que se repiten de forma invariable e que transmiten un pensamento moral, unha ensinanza ou un consello.

  Nos seguintes videos compartimos os refráns que o noso alumnado e as súas familias nos fixeron chegar e a súa correspondente explicación.

 


MOITAS  GRAZAS  ÁS  FAMILIAS  POR  PARTICIPAR

NA  TRANSMISIÓN  DESTES  REFRÁNS!!


viernes, 2 de diciembre de 2022

5º e 6º DE PRIMARIA: Disco de Newton

  Hoxe compartimos o último dos experimentos realizados durante Novembro o mes da ciencia en galego nas bibliotecas. 


    A actividade foi realizada polo alumnado de 5º e 6º de primaria para comprobar que a cor branca está formada por varias cores.

   O disco de Newton consiste nun círculo dividido en sectores de cores (vermello, laranxa, amarelo, verde, cian, azul e violeta).

   Cando se fai xirar o disco a gran velocidade, estes colores combínanse e parece que desaparecen vendo todo de cor branco, así pode demostrarse que a cor branca está formada polas sete cores do arco da vella.

 

 

EXPERIMENTOS 3º DE PRIMARIA: Depuradora de auga e lámpada de lava

    Seguimos cos experimentos e experiencias científicas realizadas no colexio dentro de Novembro, mes da ciencia en galego na biblioteca.


    Hoxe compartimos o traballo de 3º de Primaria que fixeron dous experimentos.

    DEPURADORA  DE  AUGA: comprobaron como se realiza a depuración das augas e ao mesmo tempo puideron ver o proceso de filtración que consiste en pasar a auga por grandes filtros que van retendo os diferentes residuos. Se o facedes na casa, recordade que aínda que a auga filtrada sexa cristalina,  NON É POTABLE.

 

 

   LÁMPADA  DE  LAVA: nesta experiencia viron como a auga e o aceite NON se mesturan debido a que o aceite é menos denso que a auga. Tamén se coñece como o fenómenos de "polaridade intermolecular".

    Ao botar unhas pastillas efervescentes, estas soltan unhas burbullas dun gas (CO2) que é máis lixeiro que a auga e flotan transportando á superficie parte da auga de cores.
   
   Cando o gas sae da auga, esta volve a ser pesada e afunde. O proceso repítese unha e outra vez ata que a pastilla se disolve por completo.
 
 

 

jueves, 1 de diciembre de 2022

FACEMOS UN ARCO DA VELLA: 4º e 5º Ed. Infantil

   Os máis pequenos e as máis pequenas do colexio fixeron tamén o seu propio experimento en Novembro, mes da ciencia en galego.


    O alumnado desta clase quixo facer o seu propio arco da vella sen choiva e sen sol, serían capaces?

 

 

O GLOBO QUE SE INFLA SÓ - 6ª Ed. Infantil

 O alumnado de educación infantil tamén fixo experimentos en Novembro, mes da Ciencia en galego.


  Eles e elas intentaron inflar un globo sen soprar... será maxia??  Non, é ciencia!!



miércoles, 30 de noviembre de 2022

EXPERIMENTOS DE 4º DE PRIMARIA

Agora, compartimos os tres experimentos que realizou o alumnado de 4º de Primaria  

durante Novembro, o mes da ciencia na biblioteca.


Elxs experimentaron coa a densidade dos líquidos, cos pigmentos do outono e ca capilaridade.

Esperamos que aprendades moitas cousas novas vendo este vídeo e que vos guste moito!

               

EXPERIMENTOS DE 2º DE PRIMARIA

Seguimos cos experimentos realizados durante Novembro, o mes da ciencia na biblioteca. 


Nesta ocasión compartimos os que realizarons os alumnos e as alumnas de 2º de Primaria. 

Eles experimentaron coa a refracción da luz, con papel que non se molla e con fluido non newtoniano. 

Esperamos que aprendades moito vendo este vídeo