Hoxe celebramos no colexio o Día da árbore sumándonos ás actividades propostas na V Semana da Árbore e da Auga organizada pola Deputación Provincial de Lugo.
Esta actividade consta de dúas partes.
A primeira parte era a plantación dun castiñeiro; esta plantación tivémola que facer de modo simbólico e provisonal nun testo no corredor do centro xa que non parou de chover en toda a mañá impedindo que a plantación fose ao aire libre. Á volta de vacacións transplantarémola ao seu lugar definitivo.
A segunda parte de actividade consiste na entrega dun libro a todo o alumnado do centro. Para o alumnado de Infantil o libro é "Érase unha vez un castiñeiro" e para o alumnado de Primaira "O castiñeiro dos desexos" elaborados polo escritor e xornalista Xosé Antonio Perozo
No hay comentarios:
Publicar un comentario