O
Colectivo
Lemos Le
para conmemorar o Día
da Muller
que se celebra o 8
de marzo;
organiza por terceiro ano o Certame
Mulleres de Lemos
coa finalidade de dar a coñecer e promover as figuras femininas
relevantes na historia das Terras de Lemos.
Este ano propóñennos a figura de Lola
de Penelas
unha oleira de Gundivós (Sober) do século XX para destacar o papel das
mulleres artesás galegas, especialmente das mulleres oleiras do noso Concello.
De Lola de Penelas dise que era unha muller forte e traballadora, que en tempos chegaba a facer trinta
ou máis olas nun día e que visitaba as casas coa súa roda para
reparar as pezas que sufrían danos, levando tamén con ela aos seus
fillos.
En colaboración coa Biblioteca Pública Municipal de Sober, organizamos esta actividade para coñecer máis sobre este día e sobre a figura desta muller. Julia explicounos o motivo polo que a conmemoración se realiza o 8 de marzo e os/as biblioaxudantes de 6 de Primaria léronnos o conto escrito por Paula Vázquez Verao.
Despois coñecimos e decoramos algunhas das pezas representativas da Olería de Gundivós:
Na seguinte publicación do CIM de Monforte podedes consultar toda a información sobre esta data e tamén sobre Lola de Penelas
Para profundizar máis na tradición oleira; pedímoslle ao noso alumnado que se fixese fotos con pezas de alfarería de Gundivós que tivesen na casa e que nos contasen algunha historia ou anécdota que lles sucedese con algunha peza. En canto estas imaxes ou historias nos vaian chegando; íremolas subindo ao blog.
No hay comentarios:
Publicar un comentario