O día 4 de xaneiro, foi a entrega dos premios correspondentes ao Certame de Beléns e de Postais da Biblioteca Municipal do noso Concello.
O acto comezou coa actuación de O trícole, grupo que nos interpretou varios Cantos de Reis.
A continuación, o alcalde de Sober fixo entrega dos premios. Varios alumnos e alumnas, foron os encargados de recoller o premio á participación que recibiu o colexio polas postais que fixemos.
Na seguinte imaxe podemos ver todos os premiados:
No hay comentarios:
Publicar un comentario