A Agrupación Pingadouro e o Concello de Sober organizaron unha xornada micolóxica para o noso alumnado que incluía unha saída polos arredores do colexio para buscar setas e cogomelos acompañados por Ramón Losada (micólogo da Asociación Micolóxica de Madrid).
Aínda que tivemos que ir ben abrigadiños e que había algo de néboa, os nenos e nenas pasárono xenial entre follas, árbores e arbustos desfrutando das cores propias do outono e das especies que ían atopando.
Para saber máis podedes consultar o libro da biblioteca: El mundo de las setas de Gerad Houdou.
Recordade que, se queredes, podedes participar no Concurso de Debuxo organizado polo Concello de Sober.
Para participar tedes que facer un debuxo no que aparezca algunha seta ou cogumelo (unha paisaxe, unha seta, uns ananos vivindo nunha seta... calquera cousa que vos apeteza!) e presentar as vosas creacións o domingo día 7 de novembro na Casa da Cultura do Concello ás 16:00 horas. Só por participar teredes un agasallo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario