Tampouco pode faltar a exposición de Lecturas de medo relacionadas con esta época do ano que estivo durante toda a semana no expositor da entrada á biblioteca.
Pola tarde tivemos unha sesión de contacontos coa narradora Teresa Grau na que xs cativxs escoitaron historias propias desta época.
E, por suposto, o Certame de creación literaria para o alumnado de 3º a 6º de Primaria que xa se está convertendo nun clásico. Neste certame, dámoslle ao alumnado o principio dun libro para que eles reinventen a historia; este ano os libros propostos foron Raquel ten medo para 3º e 4º de Primaria e Fantasmas no corredor para 5º e 6º, ambos de Agustín Fernández Paz.
Nos seguintes enlaces podedes ler os relatos gañadores aínda que todxs xs participantes levaron un agasallo polas súas terroríficas creacións xa que todas eran arrepiantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario