O 21 de marzo é o Día da Poesía e ademais en Sober estase celebrando tamén o Mes do Amandi no que o Concello organiza actividades culturais arredor da XLII Feira do Viño de Amandi que é un dos eventos máis importantes que se celebran aquí.
Unha destas actividades culturais programadas era un recital poético polo Día da Poesía basado no libro Bebedeira de Florencio Delgado Gurriarán, autor ao que se lle dedican este ano as Letras Galegas.
Este libro de poesía ten como protagonistas principais as viñas e o viño aínda que tamén ten poemas dedicados ás árbores, ás plantas, á paisaxe...
Ao final non puidemos ir ao Salón de Actos da Casa da Cultura para o recitado pero gravamos os poemas para compartilos con todos/as os/as que os queirades escoitar.
Hoxe comezamos co poema Cantiga da vindima, unha actividade vinícola que o noso alumnado coñece moi ben xa que a maioría das familias do colexio teñen viñas de consumo propio ou como actividade económica. Está recitado por Carlota, Nayara, Javier, Lara, Pablo, Candela, Diego, Antía e Ada.
Continuamos con Aí vén o Maio recitado por Pablo, Daniela, Martín, Germán, Cristian, Darío, Libertad, Yanira e Lucas Fernández.
Estade atentos/as o resto da semana que iremos publicando os seguintes!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario