martes, 8 de marzo de 2022

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: A PITA XEFA

   O 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller.

   Desde o colexio, este ano quixemos facer fincapé na loita contra os estereotipos partindo do libro  A pita xefa  de Marta Lado que foi o gañador do III Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade (2021).

   Varios biblioaxudantes foron os que leron esta historia na que coñecemos a Coro, a galiña protagonista que ten grandes sonos e quere chegar a ser xefa do galiñeiro sen entender que o señor Quiríaco, só por ser galo, teña que ser o que mande; estaba farta de oír aquel refrán antigo que sempre funcionara no galiñeiro: "Os galos mandan, e as galiñas apandan"

     Tamén coñeceremos a galiñas que fan cousas moi diversas: malabares con ovos, partir leña facendo kárate, bailar claqué, deseñar prototipos... 

   Ao longo da historia, vemos como o resto das galiñas do galiñeiro van comenzando a pensar que igual Coro ten razón e que ao mellor unha pita pode ser xefa.

  Pouco a pouco decátanse de que as galiñas poden facer o que queiran así que, para que Coro poida voar tan alto como o galo e convertirse na xefa do galiñeiro; a galiña enxeñeira deseña unha estrutura que todas as demais enchen coas súas propias plumas de xeito que ao final Coro pode voar ao alto do poleiro e cantar o seu ulululúúúú.


    Para rematar, a través da unión de todas, acadarán o seu obxectivo: cambiar as normas do galiñeiro! E para iso fundaron un Consello de anciáns no que incluían ao señor Quiríaco e tamén unha comisión de innovación. 

 

 Despois de ler o libro quixemos recrear a súa portada con plumas pintadas por cada un dos nenos e das nenas do colexio para axudar a Coro a voar, pois tanto os nenos como as nenas temos que loitar para acadar unha ruptura real dos estereotipos de xénero.


 

   E  agora un pequeno exercicio para rematar:

1º) Pensade na persoa que manda nunha empresa e que está presidindo unha reunión nunha mesa moi longa.

2º) Contestade sendo sinceiros... pensastedes nun xefe ou nunha xefa?

LOITEMOS  CONTRA  OS  ESTEREOTIPOS!! 




No hay comentarios:

Publicar un comentario