viernes, 11 de marzo de 2022

OBRADOIROS DE FORMACIÓN RADIO NA BIBLIO

      Este é o cuarto curso desde que entramos no Proxecto Radio na biblio, e grazas á participación nel temos un orzamento específico para facer obradoiros que repercutan na formación do alumnado.

  

    O obradoiro de formación deste ano centrouse máis nos aspectos técnicos relacionados co proceso de gravación. Denís de Rede Espora foi o encargado de ensinarlle ao alumnado todo o necesario para poder gravar de forma autónoma os programas de radio.

    Na sesión en común que realizamos na biblioteca comezou falándonos de aspectos como:

- Posibilidades da radio: noticias, entrevistas, deportes, coñecemento, diversión, realidade, concursos, debates, contos...

- Tarefas a levar a cabo para gravar un programa con éxito: elaboración dos guións, documentación e investigación, manexo do equipo, locución, produción e organización.

- Manexo da mesa de son

- Ideas e consellos relacionados coa elaboración de guións: escribe como falas, fala con naturalidade, utiliza oracións curtas, non uses palabras moi longas ou difíciles de pronunciar se hai sinónimos co mesmo significado, resalta o máis importante do guión...

- Recursos e bancos de sons dispoñibles

    Para recordar todo o que nos dixo; podedes acceder á súa presentación no seguinte enlace: ARRANCAMOS  COA  RADIO!

   Despois, por grupos, os nenos e as nenas participantes no obradoiro foron pasando polos estudos de Radiuvín para poñer en práctica todo o aprendido na biblioteca.




ESPERAMOS  QUE  A  FORMACIÓN  RESULTE  PROVEITOSA!!

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario