jueves, 24 de marzo de 2022

DÍA DA POESÍA: MES DO AMANDI

      Cos poemas dos nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria, rematamos as propostas do Día da Poesía (21 de marzo) que este ano organizamos dentro das actividades do Mes do Amandi no que o Concello organiza actividades culturais arredor da XLII Feira do Viño de Amandi que é un dos eventos máis importantes que se celebranen Sober

    Os poemas destes nenos pertencen tamén ao libro Bebedeira de Florencio Delgado Gurriarán, autor ao que se lle dedican este ano as Letras Galegas. 


    Comezamos co poema Muiñada,  publicado por primeira vez no Heraldo de Galicia en 1932. Está recitado por Xiana, Manuel Vázquez, Xoán, Noa, Manuel López, Ainhoa, Carla, Saúl, Nicolás e Laura.

   Rematamos co poema titulado Casoiro, composición na que o autor representa unha voda onde os protagonistas son diferentes variedades de uva: mencía, godello, merenzao, Caíño... Recitado por Gabriel, Hugo, Valeria, Silvia, Carla, Ángel e Leonor.

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario