jueves, 17 de marzo de 2022

CLUB DE LECTURA: 10ª sesión

      

Comezamos un novo libro no club de lectura: As laranxas máis laranxas de todas as laranxas de Carlos Casares, autor homenaxeado o Día Das Letras Galegas 2017.

    Con esta obra teatral tan divertida da nosa literatura, Carlos Casares recibiu o premio "Concurso de teatro infantil galego” convocado pola Agrupación Cultural “O Facho”

 

     Aínda que en principio parece un libro doado de ler, quixemos escollelo para que xs membros do club lean libros de todos os xénero literarios; e o teatro é o xénero que, segundo as enquisas iniciais que lles fixemos, menos len. Así que esperamos que con esta obra lle perdan o medo aos textos teatrais.
 

    Primeiro presentamos ao autor, falamos da súa obre e lemos un fragmento do libro  Onde vai Carlos? de Xosé A. Perozo.

     Despois comezamos o libro comentando entre todos o escenario debuxado nas primeiras páxinas da obra e lendo a contextualización que aparece a continuación. 


    Tamén fixemos fincapé na importancia das acotacións (en cursiva) e de fixarse ben en que personaxe está falando en cada momento da lectura (en maiúscula).

     Esperemos que os nenos e as nenas desfruten da lectura desta obra e mentres tanto, deixamos esta selección de obras de Carlos Casares no punto de novidades da biblioteca.


No hay comentarios:

Publicar un comentario