A actividade As familias contan segue a súa andaina. Hoxe estivo con nós Margarita, a tía de Silvia e Uxía.
Elas viñeron a contar o conto A que sabe a Lúa? de Michael Grejniec; pero non viñeron soas...
Trouxeron a todos os animais do conto, á lúa e ata un pedaciño de noite para acompañar a súa narración!
Como temos a biblioteca de novo en obras polo cambio das ventás e dos radiadores tiveron que contar este conto no que os animais da selva teñen que traballar en equipo para acadar o seu obxectivo, nas respectivas aulas de Uxía e de Silvia.
Con esta historia o autor demóstranos que as cousas compartidas disfrútanse moito máis!
Para que todos poidades escoitar o conto como o contaron elas, gravamos esta vídeo no croma.
Esperamos que vos guste tanto como ao alumnado que o puido escoitar directamente!
MOITAS GRAZAS POR ESTA VISITA
E POR DEIXARNOS TAN FERMOSO DECORADO COMO AGASALLO!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario