O 2 de abril conmemórase o Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
Selecionouse esta data xa que é a data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen que foi o creador dalgúns dos contos clásicos infantís máis lidos en todo o mundo: O parrulo feo, Pulgariña, O soldadiño de chumbo, a Sereíña...
Cada ano selecciónase un escritor representativo e un ilustrador para que elaboren a mensaxe dirixida a todos os nenos e nenas do mundo para promover a celebración deste día nas bibliotecas e colexios.
Este ano o autor seleccionado para escribir esta mensaxe, foi o canadiense Richard Van Camp que o fixo baixo o título “As historias son ás que nos axudan a remontar o voo cada día” e a encargada do cartel foi a ilustradora Julie Flett.
A continuación podedes escoitar o programa de radio gravado polos biblioaxudantes para coñecer máis datos sobre esta conmemoración, escoitar o texto de Richard Van Camp traducido ao galego por Mercedes Pacheco e un anaco dun dos seus contos infantís: O soldadiño de chumbo.
FELIZ DÍA DO LIBRO INFANTIL!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario