Hoxe rematamos as sesións dedicadas ao libro As laranxas máis laranxas de todas as laranxas de Carlos Casares.
E rematamos cunha sesión un pouquiño diferente: un obradoiro de cociña no que fixemos unha receita sinxela de mousse de laranxa!!
A primeira hora da mañá xuntámonos para preparar todo o necesario para elaborar a receita:
INGREDIENTES
- 10 laranxas
- 6 iogures naturais
- 1 bote de leite condensado
UTENSILIOS
- 1 espremedor
- 1 batedor
- 1 pota
- 1 fonte
- varias culleres
Despois comezamos co proceso: mentres un grupo espremía as 10 laranxas outro mesturaba os iugores e o leite condensado.
A continuación xuntamos todo e levámolo ao frigorífico para que enfriase e repousase ata a hora do recreo.
Para rematar, seguindo o modelo de laranxa kawaii do libro Cómo dibujar Kawaii de José Antonio Pérez, fixemos as nosas propias laranxas para utilizar como puntos de lectura, chaveiros ou adhesivos.
Se queres escoitar as nosas reflexións sobre este libro, aquí deixamos o podcast gravado por algúns membros do club.
No hay comentarios:
Publicar un comentario