Co novo ano comenzamos tamén un novo libro no noso club de lectura: Un mundo para Maruxa de Estefanía Padullés.
Na presentación do libro lemos o reumo que aparece na contraportada aclarando conceptos coma londra, Centro de Recuperación de Fauna Silvestre ou impacto medioambiental.
Unha mañá, o barco pesqueiro do pai de Iria trae ao porto a Maruxa, unha londra que ten que ser atendida no Centro de Recuperación de Fauna Silvestre.
Iria descubrirá entón o perigo dos plásticos para os animais mariños e o seu impacto medioambiental nos océanos, polo que porá en marcha un plan para salvar o planeta.
Como vai cambiar a vida de Iria a partir dese intre? Poderá conseguir o que se propoña?
A continuación lemos sobre a autora, Estefanía Padullés, e descubrimos que ela traballou nun centro de Recuperación de Fauna Silvestre o que fai que os membros do club se interesen máis pola lectura do libro. Tamén lembramos as ocasións nas que estivo na nosa biblioteca presentando algúns dos seus outros libros.
AGORA SÓ QUEDA EMPEZAR A LECTURA PARA EMBARCARNOS NESTA NOVA AVENTURA!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario