miércoles, 22 de noviembre de 2023

XI SEMANA DA MÚSICA 2023

     Esta é a décimo primeira Semana da Música que celebramos no colexio con motivo de Santa Icía, patroa da música.

     Durante toda a semana, o alumnado tivo que dar resposta aos retos e ás probas que foron aparecendo na entrada da biblioteca investigando e averiguando moitos datos sobre a familia de instrumentos á que se lle adicou este ano a semana musical: A  PERCUSIÓN.


   A actividade completouse cun concerto didáctico na biblioteca a cargo de Alba Varela Losada, ex-alumna do noso colexio e, na actualidade, alumna en prácticas. Ela, como percusionista, puido explicarlle a todo o alumnado os aspectos máis importantes dos instrumentos que forman esta familia: clasificación, tipos de sons que poden producir, técnica instrumental, tipos de baquetas, instrumentos de pequena percusión...



    

Podedes ver algúns anacos deste concerto no seguinte vídeo:


  Despois Alba foi a encargada de facer entrega dos agasallos aos participantes no certame de investigación e os premios aos que mellor o fixeron.



    Para rematar Alba estivo nos nosos estudos radiofónicos onde foi entrevistada por Javier, Germán e Carlota como podedes escoitar no seguinte programa de Radiuvín.
 
 
Moitas grazas Alba, por este concerto e por todas as túas explicacións tan didácticas!
 
Moitas grazas á banda de música por prestarnos os instrumentos para esta sesión!

 
PARA  VER  MÁIS  MOMENTOS  DESTA  ACTIVIDADE,
PODEDES  FACELO  PREMENDO  NA GALERÍA  DE  IMAXES

FELIZ  DÍA  DE  SANTA  ICÍA!!!

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario