Materiais
3 vasos transparentes
Auga
Leite
Sal
Lentells
Xabón de mans
Cacao
Arroz
Aceite
Preparación
Mesturas homoxéneas:
Enche dous vasos de auga até a metade e outro de leite.
Nun dos vasos de auga, botamos un pouco de sal e no outro unha pequena cantidade de
xabón de mans.
Botamos unha cullerada de cacao sobre o vaso de leite e revolvemos ben os tres vasos.
Pódese diferencia a substancia engadida nos tres vasos?
Mesturas heteroxéneas:
Poñemos sobre a mesa os dous vasos.
Nun dos vasos botamos auga e no outro botamos un pouco de arroz.
No vaso con auga, botamos unhas culleradiñas de aceite e sobre o vaso de arroz, botamos lentellas.
Removemos ben ambas mesturas.
Observa se desta vez es capaz de diferenciar o introducido en cada vaso.
Que é o que observamos?
Nas mesturas homoxéneas, o que observamos é que ao remover ben ambas substancias, estas mestúranse de forma que non poidamos diferencialas dentro do propio vaso.
Nas mesturas heteroxéneas observamos que, por moito que revolvamos ambas substancias,
estas nunca se disolverán entre elas, senón que sempre permanecerán separadas, de forma que
poderemos diferencialas dentro do propio vaso despois de revolvelas.
Explicación
Unha mestura é a combinación de dúas ou máis substancias puras, que poden atoparse en cantidades variables, pero mantendo as súas propiedades.
Estas mesturas poden ser homoxéneas ou heteroxéneas.
Mesturas homoxéneas son aquelas cuxos compoñenetes están distribuídos de maneira uniforme, é dicir, non se poden visualizar a simple vista.
Mesturas heteroxéneas son aquelas que están compostas por elementos que se poden diferenciar os uns dos outros a simple vista.
No hay comentarios:
Publicar un comentario