viernes, 3 de mayo de 2024

A AVENTURA DE ILUSTRAR

   Esta semana recibimos no centro a exposición "A aventura de ilustrar", unha exposición sobre cómic do debuxante Primitivo Marcos.

   Esta proposta da Deputación de Lugo inclúe a exposición dos cadros orixinais do último traballo deste autor que é unha adaptación a cómic da novela "O paso do Noroeste", de Xavier Queipo

   A través destes cadros e de varios carteis explicativos, aprendemos cales son as etapas creativas do proceso de ilustración desde os primeiros bosquexos que recollen a idea inicial ata o final co debuxo xa rematado.




   Esta exposición completouse coa visita ao centro de Primitivo quen lle explicou ao noso alumnado de 5º e 6º de Primaria este procedemento paso a paso .



  A actividade completouse cunha charla sobre a figura de Castelao como autor referente da ilustración en Galicia e sobre a súa obra coa que foi capaz de reflectir os problema da sociedade da súa época con imaxes sinxelas pero cargadas de significado.


   Para rematar, o autor dedicounos o exemplar do seu libro que temos na biblioteca.


  Esperamos que con esta actividade o noso alumnado aprendera a valorar todo o traballo que implica a creación dun cómic e a partir de agora teña unha visión máis crítica das ilustracións que acompañan aos textos que len.

GALERÍA  DE  IMAXES


2 comentarios:

  1. Grazas polo voso estupendo recibimento. Foi de verdade fantástico traballar no voso centro, situado nesa vila tan fermosa!

    ResponderEliminar
  2. E un cordial saúdo a Lectuvín da nosa parte!

    ResponderEliminar