O Día Internacional contra o Acoso Escolar conmemórase o 2 de maio coa
finalidade de concienciar sobre este problema que afecta a escolares de
todo o mundo: agresións, insultos, motes, bloqueo social,
coaccións...
Para loitar contra este problema e contra actitudes que non queremos no noso centro rescatamos un libro que xa ten uns aniños Estou gordecho, ¿e qué? de Severino Calleja. Aínda que a gramática non segue a normativa actual pareceunos un libro moi interesante para reforzar a idea de que hai persoas moi distintas fisicamente e iso non pode influír no respecto hacia elas.
Comezamos facendo unha reflexión co alumnado sobre aqueles aspectos físicos do noso corpo que poden facernos diferentes e despois escollemos algunhas destas diferenzas para ilustralas: pasa algo se teño o nariz grande? ou se son moi alto? que pasaría se estivese gordecho? e se estivese moi delgado?...
Despois fixemos unha choiva de ideas para buscar un lema contra o acoso escolar e finalmente elaboramos un mural para poñer nas escaleiras principais do colexio por onde subimos e baixamos a ver se de tanto velo, conseguimos que o alumnado se conciencie sobre este tema.
Para rematar lembrámoslle ao alumnado que ten o punto laranxa tanto físico (no corredor principal) como virtual (na pácina web do centro) á súa disposición para denunciar calquera acto deste tipo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario