Desde 1977, o 18 de maio conmemórase o Día Internacional dos Museos (DIM) para concienciar sobre o feito de que os museos son un importante medio para o intercambio cultural, o enriquecemento das culturas e o desenvolvemento da comprensión mutua, da colaboración e da paz entre os pobos.
Ademais explicáronos moitísimas cousas e curiosidades sobre estas obras.
Na exposición correspondente á aula de Infantil B, achegámonos ao puntillismo, que é unha técnica artística que consiste en facer unha obra mediante pequenos puntos, como ben nos explicaron os alumnos desta aula.
Subimos as escaleiras e atopámonos coa exposición de 1º e 2º de Primaria dedicada a Kandinsky que foi un pintor ruso considerado como un dos fundadores do abstracto. Estes alumos presentáronnos dúas obras "Several circles" e "Árbore da vida"
Continuando o percorrido chegamos ao espazo de 3º e 4º de Primaria. Eles reproduciron varias cadros do pintor catalán J. Miró, un pintor ao que lle gustaba pintar animais; sobre todo os ollos dos animais por iso hai tantos nas súas obras.
Primeiro observamos "O xardín"
E despois "Muller con bonito sombreiro e estrela" e "Amencer"
Para rematar, achegámonos ao recuncho de 5º e 6º de Primaria que estiveron reproducindo arte aborixe australiano e cadros de orixe xaponés.
Así, despois de aprender moitísimas cousas sobre a pintura e os museos, finalizou a nosa visita ao Museo do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme!!
Feliz Día dos Museos!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario