jueves, 14 de noviembre de 2024

MASA NAI 2

   Se lembrades, o ano pasado desenvolvemos no colexio o proxecto Masa Nai para promover a coeducación. Un proxecto organizado pola ANPA a través das axudas da Secretaría Xeral de Igualdade e realizado pola cooperativa Outonía (ver publicación do proxecto).

  Este ano a ANPA organizou a segunda parte do mesmo tamén coa cooperativa Outonía: Masa nai, laboratorio de contos para a igualdade.

  Para realizalo agrupáronse os cursos por ciclos e mergulláronse nunha selección de contos que permitiron falar e reflexionar sobre a igualdade.
 


  Durante as sesións tamén fixeron diferentes actividades que permitiron tomar conciencia do noso corpo, reflexionar sobre a identidade de xénero e pensar un futuro no que non existan diferenzas derivadas da identidade de cada persoa.





 O proxecto completouse cunha sesión para as familias "Escola de familias" e outra na Biblioteca Pública Municipal "Bibliotecas Humanas" nas que as crianzas puideron coñecer o "libro da vida" de varias mulleres diferentes.


MOITAS  GRAZAS  Á  ANPA  POLA  ORGANIZACIÓN  DESTA  ACTIVIDADE  TAN  INTERESANTE!!

GALERÍA  DE  IMAXES

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario