O 25 de novembro é o Día contra a violencia de xénero. Desde o centro sumámonos a esta conemmoración traballando a importancia do bo trato e da autoestima co libro Pepuka y el mostruo que se llevó su sonrisa de Estela Moreno.
Para comezar varios bibioaxudantes prepararon unha adaptación do libro que nos representaron nun pequeno teatriño de títeres con bonecos e un montón de complementos que fixeron eles memos.
Nesta adaptación coñecemos a Pepuka que é unha boneca moi alegre á que lle gusta pasar tempo coas súas mascotas, xogar ao fútbol e escribir contos.
Un día Pepuka coñeceu a Monstro que era o máis querido, amable e simpático do lugar. Namoráronse e fixéronse noivos.
Pero pouco a pouco a situación comezou a cambiar e Pepuka só atopaba desprezos, berros e malos modos. Monstro era mentireiro e egoísta e para sentirse ben trataba mal á boneca aínda que para os demais seguía sendo o máis simpático, bo e
divertido porque ninguén vía a súa verdadeira cara.
Pepuka facía todo o que monstro quería: cambiou o pelo, mercou roupa diferente, maquillouse... cambiou tanto que parecía outra persoa! Pero el seguía enfadado; tan enfadado que un día lle roubou o sorriso e lle partiu o corazón.
Cando sucedeu isto, Pepuka decidiu pedir axuda e nese momento decatouse de que non estaba soa. Entre a familia, a policía e as súas mascotas atoparon os trociños do seu
corazón e axudárona a pegalos, fixérona sentir protexida, animárona a volver a xogar ao
fútbol e a escribir novos contos de aventuras e, case sen que se darse conta, lle saíu un novo sorriso.
Finalmente Pepuka recuperouse, sentiuse máis valente e marabillosa e decidiu intentar ser feliz sen esperar ao amor de ninguén.
Despois da lectura houbo un momento de reflexión no sobre o conto que podemos resumir nas seguintes frases:
Para axudar a Pepuka, démoslles ás nosas crianzas imaxes da súa cara ás que lle tiñan que debuxar un montón de sorrisos diferentes
E con esas Pepukas tan alegres elaboramos un mural que situamos
no corredor principal do colexio para lembrarnos de que
NON DEBEMOS DEIXAR QUE NINGUÉN NOS ROUBE O SORRISO!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario