Como xa é tradición, polo mes de novembro coincidindo co día de Santa Icía, celebramos a Semana da Música que este ano cumpre 12 edicións.
A finalidade desta actividade é coñecer mellor un instrumento musical. En anos anteriores coñecemos ao piano, á guitarra, á familia do vento madeira, a instrumentos tradicionais galegos... e este ano tocoulle a quenda á familia do vento metal, concretamente, á trompeta.
Ademais Nazario nos ensinou diferentes sordinas que son accesorios que se colocan na campá da trompeta e serven para modificar o seu timbre ou baixar o volume.
A explicación completouse coa colaboración de Manuel Vázquez e a interpretación dun dúo entre mestre e alumno.
Para finalizar Nazario fixo entrega dos agasallos do certame de investigación a entre os que había unhas boquilllas de trompeta e unhas claves de sol impresas en 3D.
E non podíamos dar por rematada esta actividade sen que o noso convidado pasara polos estudos de Radiuvín para compartir con Candela e Noa unha entrevista que podedes escoitar no seguinte podcast.
MOITAS GRAZAS POR ESTE CONCERTO DIDÁCTICO!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario