Na terceira sesión do club de lectura rematamos o relato O misterio dos bailaríns escrito por Arthur Conan Doyle.
Cando Holmes descifrou o código, deuse conta de que a mensaxe era aterradora e escalofriante: "Elsie prepárate para coñecer ao teu Deus" polo que decidiu ir rapidamente a avisar a Cubitt aínda que cando chegou xaera tarde porque el xa estaba morto dun disparo no corazón e a súa muller, gravemente ferida.
Tamén lles explicou que as mensaxes eran cada vez máis ameazantes porque Elsie non quería volver con Abe, ela o que quería era pagarlle un soborno coa idea de que marchara. O desenlace final produciuse cando Cubitt os descubriu, e os dous homes sacaron as súas armas de xeito que no tiroteo Cubitt morreu e Elsie resultou ferida.
Podemos dicir que aos nenos e nenas do club custoulles entender o razoamento polo que Holmes descubriu o significado dos bailaríns pero axudados dun alfabeto puideron escribir e descubrir mensaxes escritos por eles mesmos.
Despois resolvemos as dúas actividades pendentes da última sesión. Por unha banda, aprendemos que as anotacións que aparecen no fondo das páxinas chámanse NOTAS AO PÉ: un recurso que se utiliza para incluír información adicional, aclaracións, citas ou comentarios nun documento sen interromper o texto principal. Tamén aprendemos que aparecen numeradas seguindo unha serie desde o principio do libro e non por páxina.
Para rematar resolvemos os crucigramas que os membros do club fixeron cos seus nomes pasando un rato moi divertido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario