Seguimos compartindo experimentos realizados durante novembro, o mes da ciencia en galego nas bibliotecas.
Compartimos hoxe o experimento de 4º de Primaria para que vexades que pequenos científicos e científicas tan marabillosos temos neste curso.
"Comezo a ver nenos e nenas fartos de televisión e aburridos cos xogos informáticos que se illan cun libro e se deixan levar pola historia narrada... porque non hai un espectáculo máis fermoso que a mirada dun neno que le". G. Grass
Seguimos compartindo experimentos realizados durante novembro, o mes da ciencia en galego nas bibliotecas.
Compartimos hoxe o experimento de 4º de Primaria para que vexades que pequenos científicos e científicas tan marabillosos temos neste curso.
En novembro conmemórase o Mes da Ciencia en galego coa finalidade de mostrar que a lingua galega é tan útil e tan válida como calquera outra para facer pescudas e divulgación científica.
Para comprobalo estivemos facendo diferentes experimentos durante todo o mes e hoxe comezamos compartindo os experimentos de Educación Infantil:
Hoxe presentamos a primeira lectura do club deste ano Fábulas de Esopo, unha antoloxía realizada por Jerry Pinkney.
Pero para presentar ben este libro, comezamos polo principio... que é unha fábula?
Según a RAG unha fábula é un "relato breve de ficción, en verso ou en prosa, xeralmente con animais como personaxes, do que se tira unha ensinanza moral" (en castelán, "moraleja").
Despois lemos a contraportada e coñecemos algo máis sobre Esopo, narrador e fabulista da Antiga Grecia que viviu aproximadamente no século V a. C., ou sexa, fai máis de 2.500 anos e aínda así as súas fábulas seguen estando de actualidade xa que os temas que tratan son temas intemporais: xustiza, verdade, xenerosidade, traballo, esforzo...
Pero a verdade é que non se sabe ben quen foi nin se existiu de verdade e aínda así levan facéndose recompilacións no seu nome desde o século IV a. C.
A continuación fixámonos mellor na portada do libro e preguntámoslles aos membros do club se recoñecían algunha fábula dos animais que aparecían nesa ilustración e se coñecían algunha fábula máis.
Seguro que vai a ser unha lectura moi interesante da que aprenderemos moitas cousas!!
Hoxe tivemos no colexio unha nova familia para participar en As familias contan, xa que estivo na biblioteca Marga, a tía de Silvia e de Uxía, para compartir con nós o libro Os tomates de Mila escrito por Sanne Dufft.
Coa lectura deste libro descubrimos o agasallo que lle fixo a Mila o seu avó: uns tomates! Pero tomates? Se aquilo eran unhas plantas que parecían murchas!!
En realidade eran tomateiras que Mila tivo que aprender a plantar e coidar para poder ter tomates no verán.
O seu avó explicoulle que as tomateiras necesitan auga e raios de sol para medrar, pero sobre todo, moitos días e moitas noites.
Pero cando remata o curso e chegan as vacacións, Mila atópase cun problema; quen vai regar e coidar as tomateiras mentres ela non está?
MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR CON NÓS ESTA LECTURA QUE NOS ENSINOU O VALOR DO ESFORZO, DO TRABALLO E DA PACIENCIA PARA CONSEGUIR O QUE NOS PROPOÑEMOS!!
PRIMEIRA XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA DESTE CURSO!!
Hoxe celebramos a primeira sesión do club de lectura deste curso, pero antes de empezar quixemos revisar os compromisos que adquiren os seus compoñentes: asistir ás reunións, ler o establecido, participar nas actividades propostas, relacionarse nun clima de respecto e bo ambiente... e despois cubriron as inscripcións aceptándoos por escrito e... sabedes que? Seguro que vai a ser un club estupendo porque se apuntaron todos os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria!!
Ademais cubriron unhas enquisas iniciais. Para o alumnado de 5º de Primaria a idea era coñecer mellor o que esperan do club e das reunións, os seus hábitos lectores, as súas preferencias....
Mentres que a enquisa inicial de 6º de Primaria indagaba no funcionamento do club do ano anterior: que libro lles gustou máis, que mellorarían, se tiñan propostas para este curso...
Rematamos esta sesión repartindo unhas libretas nas que esperamos que reflictan todas as súas inquedanzas derivadas das lecturas que faremos ao longo do ano.
Saúdos lectores!!
Hoxe tivemos no colexio a Silvia, a nai de Erea, para participar de novo na actividade As familias contan tal como leva facendo desde que Erea estaba en Educación Infantil.
Elas compartiron co resto do alumnado o libro Misión princesa, escrito por El Hematocrítico e ilustrado por Mar Villar.
Neste libro puidemos coñecer un novo caso da Axente Riciños que terá que resolver os secuestros de varias princesas que están desaparecendo sen deixar rastro.
A última en desaparecer foi Cincenta cando volvía do baile pero tamén desapareceran a Bela Durminte, Brancaneves e a Bela. De feito todos os príncipes azuis dos contos estaban moi preocupados na comisaría preguntando polos avances da investigación.
Como non tiñan ningunha pista, a mellor solución que se lles ocorreu aos policías para resolver o caso foi que a Axente Riciños se fixera pasar por princesa e fora á fraga a pasear pola noite a ver se alguén intentaba secuestrala.
A misión non era doada porque facer pasar á axente por unha princesa era complicado; pero despois dunhas clases de protocolo (cubertos, baile, modais...), internouse no bosque convencida de que ía atopar a solución aos secuestros que se estaban producindo.
MOITAS GRAZAS ÁS DÚAS POR COMARTIR ESTE CONTO TAN BEN CONTADO E POR TANTO TRABALLO QUE PASASTES PARA FACER TODOS OS COMPLEMENTOS QUE TROUXESTES!!
Como centro educativo cremos que temos un papel fundamental na loita contra a violencia de xénero xa que para nós, a mellor ferramenta é a COEDUCACIÓN, un elemento importantísimo para avanzar no respecto entre ambos xéneros e para evitar futuras situacións de violencia de xénero.
Este ano escollemos o libro Los pájaros arcoíris escrito por Olga Barroso. Carla, Manuel e Noa foron os encargados de lelo na biblioteca ao resto do alumnado.
Os paxaros protagonistas desta historia viven nunha cidade chea de cor con paxaros alegres pero non sempre foi así. Antes a cidade estaba cuberta por unha nube gris que facía que os paxaros macho se comportaran mal coas femias e as súas crías.
Un día, inventaron unha máquina para limpar o aire e os paxaros deixaron de vivir contaminados e comezaron a comportarse ben, pero... todos? Todos non, porque o corazón de Marc aínda era gris.
Marc trataba mal a Malva: gritáballe a ela e ás súas crías, insultábaa e ata lle arrincou algunhas plumas!!
Unha noite, Malva decidiu que tiña que marchar cos seus poliños para poñerse a salvo pero non era doado porque Marc lle arrincara algunhas plumas e non sabía se podería voar lonxe de alí. Menos mal que lle pediu axuda a unha amiga e ela fíxolle ver que aínda tiñas plumas coas que podía voar e un corazón moi forte.
Finalmente, Malva conseguiu marchar e vivir feliz nun novo fogar porque todos somos iguais e todos temos que ter a posibilidade de voar libres.
Despois desta lectura, o alulmnado fixo un traballo de reflexión sobre o que acababa de escoitar e o que pasaba na Cidade Arcoíris:
Que era o que volvía o aire gris ao principio? O medo, as criticas, os insultos, a falta de cariño...
Que conseguiu que o aire se volvera limpo? O amor, o respecto, compartir, as palabras bonitas...
A continuación, pintaron paxaros grises con nubes grises que representaban o que nos fai sentir mal e paxaros de cores con nubes azuis para representar o que nos fai sentir ben.
O 22 de novembro celébrase o día de Santa Icía, patroa da música. Desde hai varios anos, no colexio conmemoramos esta data organizando a Semana da Música coa finalidade de coñecer mellor un instrumento musical.
Esta é a décimo terceira convocatoria e xa pasaron pola biblioteca o piano, a guitarra, a familia do vento madeira, instrumentos tradicionais galegos... e, o ano pasado, a trompeta.
Para continuar coa familia do vento metal, nesta ocasión decidimos coñecer máis a tuba pero tamén puidemos escoitar a trompa e o bombardino.