Hoxe presentamos a primeira lectura do club deste ano Fábulas de Esopo, unha antoloxía realizada por Jerry Pinkney.
Pero para presentar ben este libro, comezamos polo principio... que é unha fábula?
Según a RAG unha fábula é un "relato breve de ficción, en verso ou en prosa, xeralmente con animais como personaxes, do que se tira unha ensinanza moral" (en castelán, "moraleja").
Despois lemos a contraportada e coñecemos algo máis sobre Esopo, narrador e fabulista da Antiga Grecia que viviu aproximadamente no século V a. C., ou sexa, fai máis de 2.500 anos e aínda así as súas fábulas seguen estando de actualidade xa que os temas que tratan son temas intemporais: xustiza, verdade, xenerosidade, traballo, esforzo...
Pero a verdade é que non se sabe ben quen foi nin se existiu de verdade e aínda así levan facéndose recompilacións no seu nome desde o século IV a. C.
A continuación fixámonos mellor na portada do libro e preguntámoslles aos membros do club se recoñecían algunha fábula dos animais que aparecían nesa ilustración e se coñecían algunha fábula máis.
Seguro que vai a ser unha lectura moi interesante da que aprenderemos moitas cousas!!

.jpg)
.jpg)
.jpg)

No hay comentarios:
Publicar un comentario