Como centro educativo cremos que temos un papel fundamental na loita contra a violencia de xénero xa que para nós, a mellor ferramenta é a COEDUCACIÓN, un elemento importantísimo para avanzar no respecto entre ambos xéneros e para evitar futuras situacións de violencia de xénero.
Este ano escollemos o libro Los pájaros arcoíris escrito por Olga Barroso. Carla, Manuel e Noa foron os encargados de lelo na biblioteca ao resto do alumnado.
Os paxaros protagonistas desta historia viven nunha cidade chea de cor con paxaros alegres pero non sempre foi así. Antes a cidade estaba cuberta por unha nube gris que facía que os paxaros macho se comportaran mal coas femias e as súas crías.
Un día, inventaron unha máquina para limpar o aire e os paxaros deixaron de vivir contaminados e comezaron a comportarse ben, pero... todos? Todos non, porque o corazón de Marc aínda era gris.
Marc trataba mal a Malva: gritáballe a ela e ás súas crías, insultábaa e ata lle arrincou algunhas plumas!!
Unha noite, Malva decidiu que tiña que marchar cos seus poliños para poñerse a salvo pero non era doado porque Marc lle arrincara algunhas plumas e non sabía se podería voar lonxe de alí. Menos mal que lle pediu axuda a unha amiga e ela fíxolle ver que aínda tiñas plumas coas que podía voar e un corazón moi forte.
Finalmente, Malva conseguiu marchar e vivir feliz nun novo fogar porque todos somos iguais e todos temos que ter a posibilidade de voar libres.
Despois desta lectura, o alulmnado fixo un traballo de reflexión sobre o que acababa de escoitar e o que pasaba na Cidade Arcoíris:
Que era o que volvía o aire gris ao principio? O medo, as criticas, os insultos, a falta de cariño...
Que conseguiu que o aire se volvera limpo? O amor, o respecto, compartir, as palabras bonitas...
A continuación, pintaron paxaros grises con nubes grises que representaban o que nos fai sentir mal e paxaros de cores con nubes azuis para representar o que nos fai sentir ben.

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario