Hoxe tivemos no colexio unha nova familia para participar en As familias contan, xa que estivo na biblioteca Marga, a tía de Silvia e de Uxía, para compartir con nós o libro Os tomates de Mila escrito por Sanne Dufft.
Coa lectura deste libro descubrimos o agasallo que lle fixo a Mila o seu avó: uns tomates! Pero tomates? Se aquilo eran unhas plantas que parecían murchas!!
En realidade eran tomateiras que Mila tivo que aprender a plantar e coidar para poder ter tomates no verán.
O seu avó explicoulle que as tomateiras necesitan auga e raios de sol para medrar, pero sobre todo, moitos días e moitas noites.
Co paso do tempo Mila vai observando como as plantas van cambiando e medrando; medran tanto que mesmo necesitan uns paus travesos.
Pero cando remata o curso e chegan as vacacións, Mila atópase cun problema; quen vai regar e coidar as tomateiras mentres ela non está?
Se queredes saber como solucionou este problema e que tal foi a colleita de tomates podedes escoitar o seguinte podcast que Silvia, Uxía e a súa tía Marga gravaron en Raduivín.
MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR CON NÓS ESTA LECTURA QUE NOS ENSINOU O VALOR DO ESFORZO, DO TRABALLO E DA PACIENCIA PARA CONSEGUIR O QUE NOS PROPOÑEMOS!!
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario