Hoxe tivemos no colexio a Silvia, a nai de Erea, para participar de novo na actividade As familias contan tal como leva facendo desde que Erea estaba en Educación Infantil.
Elas compartiron co resto do alumnado o libro Misión princesa, escrito por El Hematocrítico e ilustrado por Mar Villar.
Neste libro puidemos coñecer un novo caso da Axente Riciños que terá que resolver os secuestros de varias princesas que están desaparecendo sen deixar rastro.
A última en desaparecer foi Cincenta cando volvía do baile pero tamén desapareceran a Bela Durminte, Brancaneves e a Bela. De feito todos os príncipes azuis dos contos estaban moi preocupados na comisaría preguntando polos avances da investigación.
Como non tiñan ningunha pista, a mellor solución que se lles ocorreu aos policías para resolver o caso foi que a Axente Riciños se fixera pasar por princesa e fora á fraga a pasear pola noite a ver se alguén intentaba secuestrala.
A misión non era doada porque facer pasar á axente por unha princesa era complicado; pero despois dunhas clases de protocolo (cubertos, baile, modais...), internouse no bosque convencida de que ía atopar a solución aos secuestros que se estaban producindo.
E que pensades? Pois si! Claro que a atopou! Pero non queremos contarvos o final da historia.
Se queredes saber o que pasou podedes levar prestado o libro da biblioteca ou escoitar todo o conto no seguinte podcast que Erea e Silvia gravaron en Radiuvín.
MOITAS GRAZAS ÁS DÚAS POR COMARTIR ESTE CONTO TAN BEN CONTADO E POR TANTO TRABALLO QUE PASASTES PARA FACER TODOS OS COMPLEMENTOS QUE TROUXESTES!!

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario