jueves, 27 de febrero de 2025

DESFILE DE ENTROIDO - PROXECTO DE HISTORIA

   Este ano o desfile de Entroido do colexio ten como tema principal o proxecto "Un pouco de historia" que estamos desenvolvendo nesta segunda avaliavión. Por iso, o alumnado das diferentes clases se disfrazou de diferentes épocas históricas.

 

Podedes ver un resumo deste desfile  e do ben que o pasamos no seguinte vídeo:

 

Se queredes ver as imaxes do desfile podedes facelo no seguinte enlace:

GALERÍA  DE  IMAXES


 Pola tarde foi o momento do disfrace libre no que cada quen puido disfrazarse do que quixo. Podedes ver tamén algunhas imaxes destes disfraces no seguinte enlace:

GALERIA  DE  IMAXES

COMANDAS DO MECO: Xoves - Has de cantar

   Para rematar o meco deste ano dedicado a Rosalía de Castro, elaboramos este vídeo do seu poema "Has de cantar" coa versión musicalizada do libro Rosalía Pequeniña de Uxía.


  Esperamos que vos guste!

miércoles, 26 de febrero de 2025

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Aldán

   Hoxe recibimos na biblioteca a Aldán e á súa nai, Tamara, que viñeron a compartir con nós o libro ¡Fuera etiquetas! de Lucía Serrano.


    Un libro que nos fixo reflexionar moito sobre o poder das palabras que usamos para dirixirnos ás persoas coas que estamos.

   Sobre todo, cando esas palabras se usan tanto que acaban converténdose en etiquetas que van medrando canto máis se din e que poden chegar a tapar á persoa da que falan de xeito que ao final só vemos a etiqueta e non á persoa que está debaixo dela.

    Tamén pode pasar que esas etiquetas nos acaben encaixando en estereotipos pero con este libro aprendemos que as persoas non somos nin unha palabra, nin dúas, nin tres; senón que somos moitas palabras xuntas e iso está ben porque cada un é como é.

    Incluso se chegan a poñer etiquetas aos bebés antes de nacer: será futbolista, será unha princesa... e se os bebés puidesen berrar dirían: NOOOON!  ISO NON ESTÁ BEN!

     Ademais con esta historia aprendemos que as etiquetas boas chegan a pesar tanto como as malas porque estas etiquetas poden exercer moita presión sobre a persoa que as recibe.


   E que pasa se temos que decirlle algo a alguén que nos parece que non está actuando adecuadamente? Pois que podemos dicilo con dúas limitacións: non se critica á persoa senón á actitude ou aos feitos e, sobre todo, non se critica o físico de ninguén

   E se nos equivocamos nós e dicimos algo que non debemos? Teremos que disculparnos!

   Así que xa sabedes: temos que ter coidado co que dicimos xa que as palabras poden facer moito dano e temos que aprender a poñernos no lugar dos demais. E se a vós, todo o que nos ensina este libro vos parece tan importante como a nós, podedes escoitalo completo no seguinte podcast.

 

   OXALÁ  ESTA  LECTURA  QUE  NOS  TROUXERON  ALDÁN  E  TAMARA  NOS  FAGA  REFLEXIONAR  SOBRE  A  IMPORTANCIA  DE  RESPECTAR  E  ACEPTAR  AOS  DEMAIS!!

¡¡FUERA  ETIQUETAS!!

GALERÍA  DE  IMAXES

COMANDAS DO MECO: Mércores


    Hoxe, ademais do disfrace tivemos unha actividade extra na biblioteca: recitado de poemas da autora por alumnado de 6º de Primaria.

      Nayara, Daniela, Martín, Candela e Pablo foron os encargados de recitar estes poemas ao resto do alumnado.

   Despois pasaron polos estudos de Radiuvín para compartir con todos os que os queirades escoitar, os seus poemas.


viernes, 21 de febrero de 2025

CLUB DE LECTURA (8 - 2024/25)

      Hoxe rematamos coa lectura do libro A pel do mundo de Berta Dávila coas exposicións pendentes.

    Julia compartiu con nós o poema Matías que fala sobre Argentina. Con ela aprendemos moito sobre Argentina e os seus costumes como tomar mate.


 

   Flora comentou o poema Sofía sobre unha nena con cancro ingresada no hospital de Varsovia relacionándoo co día do Cancro Infantil que acaba de ser esta semana.


    A continuación Dunia contounos moitas cousas sobre Canadá a partir do poema Levi.


   Con esta sesión damos por rematado a lectura deste libro. Xa estamos desexando ler o seguinte!!

miércoles, 19 de febrero de 2025

COMANDAS DO MECO 2025

       Como este ano a semana de entroido coincide coa conmemoración do nacemento de Rosalía de Castro, propoñémosvos unhas comandas do meco baseadas na súa figura.

Non hai que mercar nada, o alumnado poderá utilizar complementos que teña na casa.

Esperamos que disfrutedes!


martes, 11 de febrero de 2025

DÍA DA NENA E A MULLER NA CIENCIA: LAURA LLANO RODRÍGUEZ

  A  Asamblea Xeral das Nacións Unidas conmemora o 11 de febreiro o Día Internacional da Nena e a Muller na Ciencia, coa intención de visibilizar "o labor das científicas, promover a realización de actividades e fomentar vocacións científicas que axuden a pechar a brecha de xénero na ciencia".

Imaxe: Asesoría Bibliotecas Escolares
 

    Por esta razón invitamos hoxe ao colexio a Laura Llano Rodríguez, ex-alumna do centro que estudou o Grao en enxeñería eléctrica e traballa na actualidade nunha empresa de consultoría enerxética, concretamente na xestión das liñas de alta tensión.

   Ela comezou falándonos da importancia da electricidade na vida cotiá (acender ou apagar a luz, o frigorífico, a lavadora...) e as diferentes formas que temos de conseguir electricidade.


    Sobre todo da enerxía eólica e dos aeroxeradores que se poden ver case desde calquera lugar de Sober; de feito, o alumnado sorprendeuse moitísimo coas dimensións reais que teñen xa que nalgúns ata hai un ascensor dentro para subir a facer o mantemento!

 

    Tamén nos trouxo unha maqueta feita con culleres e un tapón de plástico que ao xirar acendía un pequeno led coa que nos explicou o seu funcionamento: por que as veces as aspas non funcionan aínda que haxa vento, por que non poden funcionar se hai moito, como xiran para aproveitar a dirección do vento...


   Despois explicounos como chega a electricidade que se xera ás nosas casas e os diferentes tipos de torres de alta tensión. Sabiades que son de cores brancas e vermellas con luces na parte superior cando están preto dun aeoroporto?

     Tamén aprendemos como son os cables de alta tensión: que poden ser de cobre ou aluminio porque ambos son bos materiais condutores (aínda que nos dixo que o mellor era o ouro pero sairía demasiado caro) e as diferenzas que hai entre eles dependendo se son dos que van polas torres ou se son dos que van soterrados.

       Para rematar Laura respondeu a todas as preguntas dos nosos nenos e nenas que vos podemos dicir que non foron poucas!

      Se queredes saber moitas máis cousas sobre o traballo de Laura, podedes escoitar o seguinte podcast no que responde ás preguntas de Lara, Nayara e Daniela.

MOITAS  GRAZAS  POLA  TÚA  VISITA!!

ESPERAMOS  QUE  A  TÚA  EXPERIENCIA  NOS   AXUDE  A  COMPRENDER  QUE AS  NENAS  E  OS  NENOS  PODEN  SER  O  QUE  QUEIRAN  SER.