miércoles, 5 de febrero de 2025

XORNADA BIBLIOTECA CREATIVA 2024 - 2025

    Este mércores tivo lugar a Xornada de Formación de Biblioteca Creativa 2024-25 que foi inaugurada por Elena María Castro Villalón, Xefa de Servizo de Innovación e Programas Educativos, na que participamos todos os centros que formamos parte do proxecto Biblioteca Creativa.


      Nesta xornada asistimos a tres obradoiros sobre videoxogos, banda deseñada e booktrailers aplicados á educación.  A a Asesoría de Bibliotecas Escolares contou co noso centro para expor o noso traballo na parte referida a "Experiencias de centros: dinamización de actividades e recursos para o espazo creativo" onde participamos coa presentación "Queres argallar? Biblioteca creativa no CEIP P. Virxe do Carme" que podedes consultar a continuación:

QUERES ARGALLAR? de F. G. R.

   Queremos darlle as grazas á Asesoría de Bibliotecas por ternos escollido entre todos os centros que participan, pois esta elección é un orgullo para nós xa que recoñece o traballo que realizamos no eido da biblioteca como laboratorio creativo de aprendizaxe: escornabots, programación, impresora 3D, educación audiovisual, proxectos...

   MOITAS  GRAZAS  A  TODAS  AS  PERSOAS  DA  COMUNIDADE  EDUCATIVA  E  FÓRA  DELA  QUE  COLABORAN  CON  NÓS  EN  TODOS  OS  NOSOS  PROXECTOS!!
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario