Seguimos coa lectura do libro: A pel do mundo de
Berta Dávila. Na sesión de hoxe seguiremos viaxando a diferentes partes do mundo cos nenos e as nenas do club de lectura.
Comezamos con Noa e Candela que compartiron con nós o poema Taylor que fala sobre a cidade de Nova York.
Lara e Itzae, prepararon información sobre Grecia tomando como base o poema Sotiri que nos fala dunha familia de pescadores.
A continuación Pablo e Antía leron Teresita que é un poema no que a nena protagonista sofre as consecuencias do terrible terremoto que sucedeu no 2001 no Salvador.
Rematamos con Saúl e Martín que prepararon unha exposición sobre China e a "política do fillo único" a través do poema Li-xiao.
Seguiremos viaxando xuntos na próxima sesión!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario