Hoxe recibimos na biblioteca a Aldán e á súa nai, Tamara, que viñeron a compartir con nós o libro ¡Fuera etiquetas! de Lucía Serrano.
Un libro que nos fixo reflexionar moito sobre o poder das palabras que usamos para dirixirnos ás persoas coas que estamos.
Tamén pode pasar que esas etiquetas nos acaben encaixando en estereotipos pero con este libro aprendemos que as persoas non somos nin unha palabra, nin dúas, nin tres; senón que somos moitas palabras xuntas e iso está ben porque cada un é como é.
Incluso se chegan a poñer etiquetas aos bebés antes de nacer: será futbolista, será unha princesa... e se os bebés puidesen berrar dirían: NOOOON! ISO NON ESTÁ BEN!
Ademais con esta historia aprendemos que as etiquetas boas chegan a pesar tanto como as malas porque estas etiquetas poden exercer moita presión sobre a persoa que as recibe.
E que pasa se temos que decirlle algo a alguén que nos parece que non está actuando adecuadamente? Pois que podemos dicilo con dúas limitacións: non se critica á persoa senón á actitude ou aos feitos e, sobre todo, non se critica o físico de ninguén.
E se nos equivocamos nós e dicimos algo que non debemos? Teremos que disculparnos!
Así que xa sabedes: temos que ter coidado co que dicimos xa que as palabras poden facer moito dano e temos que aprender a poñernos no lugar dos demais. E se a vós, todo o que nos ensina este libro vos parece tan importante como a nós, podedes escoitalo completo no seguinte podcast.
OXALÁ ESTA LECTURA QUE NOS TROUXERON ALDÁN E TAMARA NOS FAGA REFLEXIONAR SOBRE A IMPORTANCIA DE RESPECTAR E ACEPTAR AOS DEMAIS!!
¡¡FUERA ETIQUETAS!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario