A Asamblea Xeral das Nacións Unidas conmemora o 11 de febreiro o Día Internacional da Nena e a Muller na Ciencia, coa intención de visibilizar "o labor das científicas, promover a realización de actividades e fomentar vocacións científicas que axuden a pechar a brecha de xénero na ciencia".
![]() |
Imaxe: Asesoría Bibliotecas Escolares |
Por esta razón invitamos hoxe ao colexio a Laura Llano Rodríguez, ex-alumna do centro que estudou o Grao en enxeñería eléctrica e traballa na actualidade nunha empresa de consultoría enerxética, concretamente na xestión das liñas de alta tensión.
Ela comezou falándonos da importancia da electricidade na vida cotiá (acender ou apagar a luz, o frigorífico, a lavadora...) e as diferentes formas que temos de conseguir electricidade.
Tamén nos trouxo unha maqueta feita con culleres e un tapón de plástico que ao xirar acendía un pequeno led coa que nos explicou o seu funcionamento: por que as veces as aspas non funcionan aínda que haxa vento, por que non poden funcionar se hai moito, como xiran para aproveitar a dirección do vento...
Tamén aprendemos como son os cables de alta tensión: que poden ser de cobre ou aluminio porque ambos son bos materiais condutores (aínda que nos dixo que o mellor era o ouro pero sairía demasiado caro) e as diferenzas que hai entre eles dependendo se son dos que van polas torres ou se son dos que van soterrados.
Para rematar Laura respondeu a todas as preguntas dos nosos nenos e nenas que vos podemos dicir que non foron poucas!
Se queredes saber moitas máis cousas sobre o traballo de Laura, podedes escoitar o seguinte podcast no que responde ás preguntas de Lara, Nayara e Daniela.
MOITAS GRAZAS POLA TÚA VISITA!!
ESPERAMOS QUE A TÚA EXPERIENCIA NOS AXUDE A COMPRENDER QUE AS NENAS E OS NENOS PODEN SER O QUE QUEIRAN SER.
No hay comentarios:
Publicar un comentario