jueves, 27 de marzo de 2025

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Leonor

    Un ano máis recibimos na biblioteca a Cristina, nai de Leonor, para participar na actividade "As familias contan". Nesta ocasión compartiron con nós o libro "O alcume"  escrito por Gilles Baum

    Brais, o protagonista deste libro, está algo triste porque é o único neno do seu grupo de amigos que non ten alcume.


   A Croques chámanlle así porque sempre está levando golpes, Cacahuete ten unha cabeza pequena pero é moi listo, a Malfadada sempre lle pasan cousas... pero Brais... Brais non ten alcume e gustaríalle ter un.


    Na súa casa chámanlle rapazolo, michiño, cervato, meniño meu... máis eses non lle gustan!

   Comeza a pensar que pode facer para merecer un alcume: se masca chicle todo o día e fai moitos globos poderían chamalo Bubble Boy, se levase un pano atado na cabeza igual lle chamarían ninja, cun bigote de chocolate parecería un mexicano... e así pasa días e días... e ademais segue triste porque non se lle ocorre nada.

   Menos mal que ao final os seus amigos se decataron do que estaba pasando e propuxéronlle que o seu alcume fora "O gran xefe" porque era o que máis pensaba da cuadrilla e a el encantoulle así que... problema solucionado!!

    Se queredes escoitar esta historia, podedes facelo no seguinte podcast que Cristina e Leonor nos deixaron en Radiuvín.

   Grazas por contarnos este conto tan divertido pero lembrade que os alcumes ás veces poden facer dano; así que tede coidado con eles.


 MOITAS  GRAZAS  POLA  VOSA  PARTICIPACIÓN!!

GALERÍA  DE  IMAXES 


INAUGURACIÓN DA RÚA MARUJA MALLO

    Como sabedes por todas as actividades que levamos realizando estes días, a rúa do colexio non tiña nome; pero o Concello de Sober aprobou por unanimidade dedicarlla á pintora Maruja Mallo polas súas raíces no municipio, xa que o seu avó materno era de Sober, concretamente de Naz, na parroquia de San Martiño de Anllo. 

   Hoxe era o día da inauguración oficial e para o evento preparamos unha exposición coas obras que replicamos, a liña do tempo que reflicte a súa vida e unhas chapas como recordo fixemos unhas chapas coa ilustración de Carlos Taboada.


  Os actos comenzaron cunha na que participaron Luis Fernández Guitián (alcalde do Concello), Emilio Insua (autor do libro "Maruja Mallo: de prometedora pioneira a artista universal. Materiais para unha biografía exacta e completa da pintora viveirense entre 1902 e 1936") e Ángel Armaiz (xornalista de Monforte de Lemos).

  Durante a intervención, o alcalde explicounos o motivo polo que o Concello dediciu este nome para a rúa; Emilio Insua falounos da biografía de Maruja Mallo e da súa importancia como artista e Ángel Arnaiz fixo unha exposición sobre as súas raíces en Sober.


  Despois todos participamos no descubrimento da placa co nome Rúa Maruja Mallo.


   E antes de dar o acto por rematado, Luís, Emilio e Ángel estiveron nos estudos de Radiuvín onde Lara e Saúl lles fixeron unha entrevista  na que poderedes aprender moitas cousas sobre a protagonista deste día.

 

RESEÑAS  DE  PRENSA:
 
El Progreso, Ribeira Sacra (27/03/2025)

 
 

DÍA DO TEATRO

  O Instituto Internacional do Teatro (ITI) declarou o 27 de marzo como Día Mundial do Teatro para reforzar a importancia deste xénero literario ao que se lle dedica este ano o lema das bibliotecas escolares.

    Desde o centro quixemos sumarnos a esta conmemoración utilizando o xogo Puro teatro de Guridi baseado na técnica da improvisación. Un xogo que ten como obxectivo crear e representar unha pequena escena teatral traballando en equipo e respectando as premisas que nos dan as cartas (un lugar, un obxecto, unha frase que hai que utilizar e unha dificultade engadida)
 
   Decidímonos pola improvisación xa que é unha técnica teatral que ten moitos beneficios pois fomenta a creatividade, a busca de solucións a desafíos, a xeración de ideas, a toma de decisións...
 
    Esta actividade levaba implícita tamén unha escoita atenta e o respecto aos demais membros do grupo, sobre todo ao ser grupos interniveis coma os nosos.
   A verdad é que foi unha actividade moi divertida coa que pasamos un moi bo rato e na que os nenos e as nenas puideron mostrar os seus dotes interpretativos.


 FELIZ  DÍA  DO  TEATRO!!!

 GALERÍA  DE  IMAXES

viernes, 21 de marzo de 2025

DÍA DA POESÍA 2025

     Desde 1999, o 21 de marzo celébrase o Día mundial da poesía coa finalidade de promover a súa ensinanza, crear unha imaxe atractiva dela e fomentar a expresión e tradición oral.

  No noso colexio foron os nenos e nenas de Ed. Infantil os encargados de recitar varios poemas sobre a chegada da primavera.





   Despois pasaron polos estudos de Radiuvín para que todos poidades disfrutar desta poesía primaveral.




 FELIZ  DÍA  DA  POESÍA!!

jueves, 20 de marzo de 2025

VISITA Á I FEIRA DE FP DO IES FRANCISCO DAVIÑA REY

   O alumnado de 6º de Primaria foi invitado a participar na primeira edición da feira de Formación Profesional do IES Francisco Daviña Rey que tiña como obxectivo achegar o mundo da FP aos máis novos a través de obradoiros e exposicións de traballos realizados polo seu alumnado cos que mostraban os coñecementos adquiridos nas diferentes especialidades que imparten.

  Durante esta visita puideron ver diferentes aplicacións prácticas de conceptos que estamos traballando en biblioteca creativa: programación, robótica, impresión 3D...


   Pero ademais destes obradoiros puideron ver participar noutros da rama sanitaria: simulacións de visita ao odontólogo, demostración de reanimacións cardiopulmonares, primeiros auxilios... 
 
  Para rematar, visitaron o taller mecánico e participaron nos talleres que se organizaron dende a rama de servizos socioculturais e á comunidade, descifrando mensaxes en linguaxe de signos ou coa creación de figuras con elementos da natureza.



UNHA  VISITA  MOI  INTERESANTE  E  PRÁCTICA,
MOITAS  GRAZAS  AO  IES  DAVIÑA  REY  POR  INVITARNOS!!
 
 

viernes, 14 de marzo de 2025

SEMANA DA MULLER: MULLERES NA HISTORIA

   Dentro do proxecto "Un pouco de historia" que estamos desenvolvendo, conmemoramos o Día da Muller coa actividade: Mulleres na historia. Durante o desenvolvemento desta actividade, cada día  da semana candansúa clase presentounos a unha muller importante de cada época histórica.

  Comezaron o luns os nenos e nenas de Ed. Infantil contándonos o conto "A troglodita" escrito por Paula Merlán. A súa protagonista, Alicia, pinta animais prehistóricos, viaxa en Bisonte Express, coa súa gritapedra espanta os rinocerontes laúdos e traballa pintando covas mentres a súa parella Funo, coidaba do fogar.



  O martes o alumnado de 1º e 2º foi o encargado de falarnos de Exipto. Os nenos e as nenas de 1º achegáronnos á figura de Nefertiti e os de 2º, fixeron o propio con Cleopatra.



   As crianzas de 3º e 4º explicáronnos o mércores moitas cousas interesantes sobre dúas mulleres viquingas: Aud, a Sabia que tivo coraxe para ser a líder do seu propio barco viquingo e  Sigrid, a Altiva a muller valente que non tiña medo.


   Grecia é a época atribuída a 5º de primaria. Este curso presentounos o xoves a Theano de Crotona, unha matemática grega que tamén fixo descubrementos de medicina e física. Ela desenvolveu varios tratados matemáticos sobre poliedros rectangulares, a teoría da proporción e a proporción áurea. 



    Rematamos este proxecto o venres con Hipatía de Alejandría, presentada polo alumnado de 6º de primaria. Unha muller científica, filósofa neoplatónica e mestra, que contribuíu ao desenvolvemento das matemáticas e da astronomía da época.


   Podedes escoitar a biografía destas mulleres contadas polo alumnado do centro no seguinte podcast.