Comezamos unha nova lectura, o libro Meiga nova, metade anxo, metade marisco. Pequena biografía de Maruja Mallo escrito por Enrique Mauricio e Carlos Taboada.
Escollemos este libro porque o concello de Sober aprobou que a rúa do cole que ata o de agora non tiña nome, se chame Rúa Maruja Mallo. Por iso parécenos moi importante coñecer á pintora que lle dará nome á rúa do colexio.
Nesta sesión empezamos a lectura do libro parándonos nos detalles que nos pareceron máis interesantes da primeira parte da súa biografía mentres era estudante na Escola de Belas Artes de San Fernando en Madrid e coñecendo tamén a todos os artistas cos que coincidiu nesta etapa: Salvador Dalí, Federico García Lorca, Alberti...
Unha muller moi interesante da que seguiremos aprendendo na próxima sesión!
No hay comentarios:
Publicar un comentario