viernes, 14 de marzo de 2025

SEMANA DA MULLER: MULLERES NA HISTORIA

   Dentro do proxecto "Un pouco de historia" que estamos desenvolvendo, conmemoramos o Día da Muller coa actividade: Mulleres na historia. Durante o desenvolvemento desta actividade, cada día  da semana candansúa clase presentounos a unha muller importante de cada época histórica.

  Comezaron o luns os nenos e nenas de Ed. Infantil contándonos o conto "A troglodita" escrito por Paula Merlán. A súa protagonista, Alicia, pinta animais prehistóricos, viaxa en Bisonte Express, coa súa gritapedra espanta os rinocerontes laúdos e traballa pintando covas mentres a súa parella Funo, coidaba do fogar.



  O martes o alumnado de 1º e 2º foi o encargado de falarnos de Exipto. Os nenos e as nenas de 1º achegáronnos á figura de Nefertiti e os de 2º, fixeron o propio con Cleopatra.



   As crianzas de 3º e 4º explicáronnos o mércores moitas cousas interesantes sobre dúas mulleres viquingas: Aud, a Sabia que tivo coraxe para ser a líder do seu propio barco viquingo e  Sigrid, a Altiva a muller valente que non tiña medo.


   Grecia é a época atribuída a 5º de primaria. Este curso presentounos o xoves a Theano de Crotona, unha matemática grega que tamén fixo descubrementos de medicina e física. Ela desenvolveu varios tratados matemáticos sobre poliedros rectangulares, a teoría da proporción e a proporción áurea. 



    Rematamos este proxecto o venres con Hipatía de Alejandría, presentada polo alumnado de 6º de primaria. Unha muller científica, filósofa neoplatónica e mestra, que contribuíu ao desenvolvemento das matemáticas e da astronomía da época.


   Podedes escoitar a biografía destas mulleres contadas polo alumnado do centro no seguinte podcast.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario