miércoles, 26 de marzo de 2025

MARUJA MALLO: XOGO DE MEMORIA

   Ao saber que estabamos realizando un proxecto sobre Maruja Mallo, Alexandra (Asesora de Bibliotecas Escolares) agasallounos cun xogo de memoria sobre as obras desta pintora.

    Este xogo foi elaborado polo alumnado do IES Lois Peña Novo e consiste en facer parellas de imaxes de cadros ou fragmentos de cadros da autora.

     Para poder xogar, o primeiro é coñecer as obras da autora que forman deste xogo polo que tivemos que empezar investigando sobre os cadros que o alumnado do IES Lois Peña Novo escolleu para as cartas.

 

    E despois... A XOGAR!!!

 XA  PODEDES  POÑER  A  FUNCIONAR  A  MEMORIA!!




 MOITAS  GRAZAS  POR  ESTE  AGASALLO!!!

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario