Ata agora a rúa do colexio non tiña nome, pero en febreiro o Concello decidiu poñerlle o nome da pintora Maruja Mallo xa que o seu avó era de Sober, concretamente de Naz.
Por este motivo estamos investigando a súa vida e a súa obra e por iso no club de lectura lemos o libro Meiga nova, metade anxo, metade marisco. Pequena biografía de Maruja Mallo escrito por Enrique Mauricio e Carlos Taboada.
Pareceunos tan interesante que nos puxemos en contacto cos autores e hoxe estiveron no centro Carlos Taboada e Marcelo para facer unha actividade con todo o alumnado do colexio. Na primeira parte da actividade, achegámonos aos principais datos da súa biografía e mentres Carlos facía unha ilustración da pintora e Marcelo poñíalle música.
Na segunda parte fixemos de forma individual unha caricatura da pintora guiándonos polas directrices que nos ía dando Carlos.
Estas caricaturas expuxéronse no Salón de Actos ao lado da ilustración de Carlos formando unha pequena homenaxe a Maruja Mallo.
Para rematar, Carlos e Marcelo estiveron en Radiuvín onde Nayara e Ada lles fixeron unha pequena entrevista sobre o seu libro e sobre a propia Maruja Mallo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario