Desde o curso 2016/2017, pertencemos ao Proxecto BIBLIOTECA CREATIVA e esta participación permítenos contar cun orzamento específico para a formación do noso alumnado.
Este ano foi Paola Guimerans, especialista en educación STEAM, a que estivo na biblioteca do colexio para levar a cabo un obradoiro sobre a placa makey makey con alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria.
Durante este obradoiro de programación por bloques, os nenos e as nenas fixeron diferentes actividades programando a placa a través de scratch.
Unha das actividades foi a creación dun cómic interactivo sobre a pintora Maruja Mallo xa que o alumnado estivo investigando sobre ela.
Ademais da placa makey makey, o alumnado de 5º e 6º ampliou a súa formación coñecendo o funcionamento da placa microbit.
Un obradoiro moi didáctico e interesante co que o noso alumnado aprendeu de forma moi divertida!
No hay comentarios:
Publicar un comentario