jueves, 18 de diciembre de 2025

XORNADA RADIO NA BIBLIO

   Este xoves reunímonos na Cidade da Cultura de Santiago máis de 600 nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria no primeiro encontro de centros do programa Radio na Biblio.

   O obxectivo da xornada era valorar o traballo que estamos realizando os centros que participamos neste programa e destacar o papel da radio como ferramenta educativa para desenvolver non só a competencia lingüística senón tamén outras competencias como a dixital; a competencia persoal, social e de aprender a aprender; a competencia cidadá; a competencia emprendedora ou a competencia en conciencia e expresión cultural.

 
    Na  primeira parte do encontro, o noso centro participou de forma activa xa que Saúl, Manuel e Carla tiveron a oportunidade de entrevistar aos xornalistas Kike Magdalena da Radio Galega,  Andrea Oca de Radio Nacional de España e Patricia Iglesia da COPE.  



   Despois foron eles os entrevistados por Kike Magdalena en directo para Radio Galega.



    Na segunda parte participamos xunto ao CEIP de Cervo nun obradoiro de teatro radiofónio impartido por Artur Trillo quen xa estivera no noso centro o curso pasado.



MOITAS  GRAZAS  Á  ASESORÍA  DE  BIBLIOTECAS  ESCOLARES  POR  CONVIDARNOS  A  ESTE  PRIMER  ENCONTRO  E  POR  CONFIAR  EN  NÓS  COMO  UN  DOS  CENTROS  ESCOLLIDOS  PARA  DÁRLLE  VOZ  AO  ALUMNADO!

GALERÍA  DE  IMAXES 

DESEÑOS 3D DE NADAL

    Para este Nadal o alumnado de Proxecto Competencial estivo deseñando diferentes obxectos navideños co programa Doodle 3D: renos, bólas, un Papá Noel, árbores con triángulos, con círculos ou en espiral...




 

    Uns deseños moi fermosos que quedaron así de ben!!





INFONADAL

   O alumnado do colexio participou no programa de obradoiros INFONADAL organizado pola Xunta de Galicia a través da Escola Galega de Consumo (EGC)  adscrita ao  Instituto Galego de Consumo e da Competencia (IGCC).

   Esta programa leva por título "A árbore de Nadal" e pretende educar ás nenas e aos nenos como comsumidores informados, conscientes e responsables. Para iso, explicáronlles a importancia da etiquetaxe dos produtos e dos símbolos que aparecen nel.

    Ademais fixeron obradoiros e falaron sobre a importancia do consumo responsable, de reciclar, dos tipos de colectores, de analizar a publicidade...

Unha actividade moi interesante sobre todo nestas datas!


 

miércoles, 17 de diciembre de 2025

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Manuel Vázquez

   Noelia, nai de Manuel Vázquez, foi a última en participar na actividade As familias contan desta avaliación. Ela e Manuel acompañáronos para lernos o libro Papá Noel existe y te lo voy a desmostrar de Alicia Acosta.


  Este libro conta a historia de Kika, unha nena á que lle encanta o Nadal: pero este ano parece que o seu amigo Manoliño quere estropearllo porque el asegura que Papá Noel non existe.

    Ela quere probar que iso non é verdade e que Papa Noel si que existe así que decide poñer varias trampas na súa casa para poder atrapalo.

    Algo de fariña, unhas cordas, luces... e todo listo! Kika xa pode marchar para a cama a esperar que o seu plan dea resultado.


     Efectivamente, polo medio da noite Kika escoita un estrondo e desperta sobresaltada! Que foi o que pasou?

    O que parecía unha travesura ao final acabou sendo unha noite moi movida e con moitas sorpresas que podedes descubrir levando prestado este libro para casa xa que Manuel e a súa nai deixárono de agasallo para a biblioteca xunto a uns doces que tamén repartiron entre o resto do alumnado.

     E se preferides, podedes descubrir o final do libro escoitándoo no podcast  que compartimos a continuación.

 

 MOITAS  GRAZAS  AOS  DOUS  POR  VIR  A  COMPARTIR  CON  NÓS  ESTE  LIBRO  PARA  QUE  NUNCA  SE  PERDA  A  MAXIA  DO  NADAL!!

GALERÍA  DE  IMAXES
 

 

 

 

 

 

 

 

lunes, 15 de diciembre de 2025

AVALIACIÓN INICIAL ALULMNADO

 Para a elaboración do PLEA (Plan de Lectura, Escritura e Alfabetización Informacional) necesitamos ter en conta ao alumnado do centro.

Se eres alumno/a, segue as ligazóns para cubrir os seguintes cuestionarios 

CUESTIONARIO ALFIN/AMI

CUESTIONARIO LECTURA

CUESTIONARIO ESCRITURA 

 GRAZAS

domingo, 14 de diciembre de 2025

OBRADOIRO: BONECOS DE NEVE

    Agora que chega o inverno, o alumnado do cole fixo uns bonitos bonecos de neve seguindo as instruccións da mestra de Plástica:

 

  Mirade que bonitiños quedaron! 

 

viernes, 12 de diciembre de 2025

CLUB DE LECTURA (3 - 2025/2026)

    Contiuamos coa lectura do libro Fábulas de Esopo, a antoloxía realizada por Jerry Pinkney.

     Comezamos comentando o retrato de Esopo feito por Velázquez. Un retrato no que Velázquez o representa mirando ao espectador cun libro na man dereita e vestido como un mendigo aínda que é un retrato libre xa que lembramos que, segundo parece, Esopo vivu en Grecia fai máis de 2500 anos. 

    Para esta sesión tiñamos que ler as primeiras 20 fábulas entre as que había fábulas moi coñecidas como A lebre e o sapoconcho, O pastor e o lobo ou As cigarras e a formiga pero tamén outras menos coñecidas como O burro e o can faldreiro, O vento do Norte e o Sol ou Androcles e o león.

     Tanto unhas como outras foron ben acollidas polos membros do club xa que lles gustou moito a súa lectura.

      Ademais puidemos comentar moitas das ensinanzas morais ("moralejas") destas fábulas xa que seguen estando de actualidade.

Esperamos que as próximas fábulas lles gusten tanto como estas!

A APALPADORA VISITA A BIBLIOTECA!!

   Hoxe recibimos na biblioteca á Apaldora que chegou desde as montañas para visitarnos a través da área de Cultura da Deputación de Lugo.

    Antía, é a filla do lexendario Apalpador que colleu o testigo do seu pai e, xunto co músico André, veu a apalpar os bandullos dos nenos e das nenas do noso colexio para comprobar se comeran ben ao longo do ano e para desexarlles fartura, saúde e alegría no ano que chega.

   Aínda que como eramos moitos, tivo que pedir a colaboración dalgúns compañeiros para que a axudaran.

    Ademais tamén compartimos cantigas, lendas e historias da nosa cultura sobre o monte e os animais que viven nel.



    Un espectáculo no que aprendemos moito sobre esta figura tradicional galega e valores como o repecto polo monte e o mundo rural.