miércoles, 17 de diciembre de 2025

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Manuel Vázquez

   Noelia, nai de Manuel Vázquez, foi a última en participar na actividade As familias contan desta avaliación. Ela e Manuel acompañáronos para lernos o libro Papá Noel existe y te lo voy a desmostrar de Alicia Acosta.


  Este libro conta a historia de Kika, unha nena á que lle encanta o Nadal: pero este ano parece que o seu amigo Manoliño quere estropearllo porque el asegura que Papá Noel non existe.

    Ela quere probar que iso non é verdade e que Papa Noel si que existe así que decide poñer varias trampas na súa casa para poder atrapalo.

    Algo de fariña, unhas cordas, luces... e todo listo! Kika xa pode marchar para a cama a esperar que o seu plan dea resultado.


     Efectivamente, polo medio da noite Kika escoita un estrondo e desperta sobresaltada! Que foi o que pasou?

    O que parecía unha travesura ao final acabou sendo unha noite moi movida e con moitas sorpresas que podedes descubrir levando prestado este libro para casa xa que Manuel e a súa nai deixárono de agasallo para a biblioteca xunto a uns doces que tamén repartiron entre o resto do alumnado.

     E se preferides, podedes descubrir o final do libro escoitándoo no podcast  que compartimos a continuación.

 

 MOITAS  GRAZAS  AOS  DOUS  POR  VIR  A  COMPARTIR  CON  NÓS  ESTE  LIBRO  PARA  QUE  NUNCA  SE  PERDA  A  MAXIA  DO  NADAL!!

GALERÍA  DE  IMAXES
 

 

 

 

 

 

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario