Este xoves reunímonos na Cidade da Cultura de Santiago máis de 600 nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria no primeiro encontro de centros do programa Radio na Biblio.
O obxectivo da xornada era valorar o traballo que estamos realizando os centros que participamos neste programa e destacar o papel da radio como ferramenta educativa para desenvolver non só a competencia lingüística senón tamén outras competencias como a dixital; a competencia persoal, social e de aprender a aprender; a competencia cidadá; a competencia emprendedora ou a competencia en conciencia e expresión cultural.
Na primeira parte do encontro, o noso centro participou de forma activa xa que Saúl, Manuel e Carla tiveron a oportunidade de entrevistar aos xornalistas Kike Magdalena da Radio Galega, Andrea Oca de Radio Nacional de España e Patricia Iglesia da COPE.Despois foron eles os entrevistados por Kike Magdalena en directo para Radio Galega.
Na segunda parte participamos xunto ao CEIP de Cervo nun obradoiro de teatro radiofónio impartido por Artur Trillo quen xa estivera no noso centro o curso pasado.
MOITAS GRAZAS Á ASESORÍA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES POR CONVIDARNOS A ESTE PRIMER ENCONTRO E POR CONFIAR EN NÓS COMO UN DOS CENTROS ESCOLLIDOS PARA DÁRLLE VOZ AO ALUMNADO!

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario