viernes, 8 de mayo de 2026

CLUB DE LECTURA (12 - 2025/2026)

   Como xa se está achegando o Día das Letras Galegas dedicado este ano á escritora Begoña Caamaño quixemos coñecer máis datos sobre ela co libro Os fíos de Begoña. Pequena biografía de Begoña Caamaño escrito por Eva Mejuto.

    Coa lectura destas páxinas puidemos achegarnos á súa biografía desde a infancia ata converterse nunha das voces máis importantes da radio, do activismo e da literatura galega. Tamén soubemos da súa loita contras as inxustizas e da súa defensa do galego e da igualdade fundando xunto a outras compañeiras MUGACOM (Mulleres Galegas da Comunicación).


    Pero ademais puidemos conversar sobre outros datos da súa biografía que tamén lles chamaron a atención aos membros do club como a mención aos "xogos reunidos", un conxunto de xogos que existía antes da era dixital para divertirse sen pantallas, ou que no verán preparaba os materias do curso seguinte.



   Tamén debatemos sobre a diferencia que se fai no libro entre "termos" amigos ou "sermos" e o que a autora chama o perigo da morte dos idiomas en relación co galego na nos comunidade educativa.

      En canto á súa obra, para a próxima sesión investigaremos sobre A Odisea para achegarnos máis á súa obra "Circe ou o pracer do azul" e sobre o Rei Artur e Morgana para comprender mellor a súa obra "Morgana en Esmelle". 

   Tamén prepararemos unha investigación sobre  lendas e mitoloxía do noso concello para a nosa participación na I Romaría das Letras Galegas. 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario