Esta é a última sesión dedicada ao libro Os fíos de Begoña. Pequena biografía de Begoña Caamaño escrito por Eva Mejuto.
Nesta ocasión o alumnado tiña que investigar sobre A Odisea para entender mellor a obra "Circe ou o pracer do azul" na que se reinterpreta o mito de Penélope e Ulises dende un punto de vista feminino.
Unha vez coñecido o argumento desta obra clásica puidemos tamén entender a versión Begoña que non contrapón a Circe (amante) a Penélope (muller fiel que agarda polo marido tecendo e destecendo) senón que a obra é un conxunto de cartas entre elas dúas. Dúas mulleres que se comprenden e se apoian en vez de enfrontarse por un home.
Ademais puxeron en común o investigado sobre o Rei Arturo, o Santo Grial e Morgana; aínda que aquí tivemos que explicar tamén a Última Cea de Xesús para entender que era o Santo Grial o que nos levou a falar de Xudas desembocando nun debate sobre a importancia da amizade verdadeira.
Despois achegámonos á figura de Morgana e Viviana (personaxes secundarios na historia do Rei Arturo) para entender a obra "Morgana en Esmelle" na que elas contan a súa propia versión do mito desde un punto de vista feminino e reivindicativo.
Para finalizar, os membros do club de lectura comezaron a facer unha presentación dixital sobre Begoña Caamaño e todo o aprendido sobre ela e as súas obras nestas sesións.

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario