domingo, 31 de mayo de 2026

VISITA Á GANDARÍA PULUÁN

Para rematar este mes de maio, e grazas á organización da ANPA do colexio, as alumnas e alumnos de Educación Infantil puidemos visitar a Gandaría Puluán en As Fontes (Monforte de Lemos). Os nosos compañeiros de Educación Primaria tiveron a oportunidade no mes de setembro e, agora foi a quenda dos máis pequenos. 

Nada máis chegar, Lucía e Puri recibíronnos cun gran sorriso. As nenas e nenos presentáronse e demos comezo a coñecer aos integrantes desta granxa. Empezamos polas vacas "medianas", as cales tiveron vergoña e case non se nos achegaban. 


Así que pasamos a coñecer ás integrantes máis pequenas da familia e, en especial, o becerriño máis novo, contaba con só 1 día de vida! Pasamos en parellas a coñecelo para non asustalo. Continuamos a nosa visita axudando a darlles de comer ás vacas, na que todas e todos estiveron moi participativos co reparto de pienso. 

  

Despois tivermos que parar, era a nosa quenda de comer. Lucía e Puri convidáronnos a probar os seus queixos, o seu leite e un biscoito para acompañar esta pedazo de merenda.


Coas forzas recargados, coñecemos aos pitiños que están criando e a Musi (o gatiño da granxa) cos que fixemos boas migas. Para rematar, visitamos as vacas máis maiores e as embarazadas que estaban pacendo no campo. Todo isto acompañados dun día moi solleiro e caloroso. 

                   

Antes de marchar tiñannos unha sorpresa preparada, un agasallo formado por un precioso lapis e unha goma con forma de diferentes animaliños.


Foi unha visita marabillosa! 

Moitas grazas Lucía, Puri e familia por esta fantástica experiencia!

GALERIA DE IMAXES

No hay comentarios:

Publicar un comentario